Amaro é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co portugués e co castelán. A súa orixe é o latín Amarus, con moita tradición na onomástica galega medieval co derivado Amarellus (que deu lugar ó topónimo Amarelle).

En xaneiro de 2023 existían 121 varóns en Galicia co nome Amaro, cunha media de idade de 32,6 anos.Nome Amaro na Web do Instituto Galego de Estatística

Historia do nome A orixe do nome é literaria e difundiuse durante a Idade Media coa Vida de santo Amaro, unha historia dunha viaxe a través do mara ata o Paraíso, durante a cal ten moitas aventuras. Nesta historia recóllense lendas de tradicións pagás, como a de san Brandán, polo cal se lle supuxo orixe céltica.

Na literatura galega tivo sona O bendito San Amaro, obra de Ramón Cabanillas ilustrada por Castelao.

Amaro noutras linguas Castelán: Amaro Catalán: Amar Portugués: Amaro

Personaxes Santo Amaro, figura relixiosa presente na tradición lendaria celta-galega como santo Amaro, baseada nun peregrino francés a Compostela do século XIII. Tamén podería basearse en: Amaro de Anjou (ou San Mauro de Anjou), discípulo de San Bieito de Nursia, e que fundou o primeiro mosteiro bieito da historia de Francia. Amaro González, relixioso galego do século XVI.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Categoría:Nomes masculinos de orixe latina Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos casteláns Categoría:Nomes masculinos portugueses