Scott Joseph Kelly, nado en Orange, Nova Jersey, o 21 de febreiro de 1964, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-103, STS-118, Soiuz TMA-01M, Soiuz TMA-16M e Soiuz TMA-18M. Foi membro das expedicións 25, 26, 43, 44, 45 e 46 á Estación Espacial Internacional e é irmán xemelgo do tamén astronauta Mark Kelly.

Traxectoria Kelly graduouse en enxeñería eléctrica pola Facultade Marítima da Universidade do Estado de Nova York en 1987 e é máster en sistemas de aviación pola Universidade de Tennessee, en Knoxville, en 1996.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en abril de 1996, participando nas misións STS-103, STS-118, Soiuz TMA-01M, Soiuz TMA-16M e Soiuz TMA-18M e sendo membro das expedicións 25, 26, 43, 44, 45 e 46 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 520,44 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-103 STS-118 Soiuz TMA-01M Soiuz TMA-16M Soiuz TMA-18M Expedición 25 Expedición 26 Expedición 43 Expedición 44 Expedición 45 Expedición 46 Estación Espacial Internacional

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Nova Jersey