A canle do Iucatán (en ) é un estreito situado entre México e Cuba. Conecta a baía do Iucatán no mar Caribe co golfo de México. Ten algo máis de 200 km de largo e case 2800 m de profundidade no seu punto máis fondo preto da costa cubana.
Correntes A canle do Iucatán separa Cuba da península do Iucatán en México e une o mar Caribe co golfo de México. O estreito mide 217 km entre o cabo Catoche en México e o cabo San Antonio en Cuba.Britannica Ten unha profundidade máxima preto da costa cubana de 2779 m.Free Dictionary A auga flúe a través do mar Caribe do leste ao oeste. Este fluxo consiste en 5 Sv de auga da corrente ecuatorial norte que vai a través do paso dos Ventos e 12 Sv de auga da corrente ecuatorial sur que vi a través da costa do Brasil. O fluxo total é duns 17 Sv a unha temperatura de polo menos 17 °C. Cando a auga supera a península do Iucatán recibe o nome de corrente do Iucatán. Esta corrente proporciona a maior parte da auga interior do golfo de México, xa que a cantidade que entra a través dos estreitos de Florida é pequena e intermitente. A corrente do Iucatán flúe con forza na parte occidental da canle mentre que as contracorrentes cubanas flúen en sentido contrario na parte máis oriental. Baixo a corrente do Iucatán, hai unha corrente submarina cara ao sur que toma auga dende o golfo de México.
Arrecifes de coral Cando a auga que flúe a través da canle do Iucatán entre no golfo de México, pasa sobre o banco de Campeche, unha área pouco fonda. Alí hai arrecifes de coral sobre as marxes exteriores da plataforma do Iucatán a uns 100 km da beira. Os principais corais que os forman son Acropora cervicornis, Acropora palmata e Montastraea annularis e a finais da década de 1990 moitos morreron. Dende entón realizáronse algunhas repoboacións. O banco de Campeche é unha zona de gran biodiversidade, e aí e noutras parte da canle lévase a cabo moita pesca por parte de pescadores artesáns que converxen na zona dende a costa de México. A área está ameazada pola sobreexplotación.
Notas
Categoría:Mar Caribe Iucatán, canle do Categoría:Accidentes xeográficos de Cuba Categoría:Accidentes xeográficos de México