Hymns é o sexto álbum de estudio da banda inglesa de metal industrial Godflesh, publicado o 23 de outubro de 2001 a través do selo Music for Nations. Foi o derradeiro disco do grupo antes da súa separación en 2002. En 2010 Godflesh reformouse e en 2014 editou o álbum A World Lit Only by Fire. Hymns tivo unha produción problemática e tiña a intención de afastarse do intenso son industrial típico de Godflesh e dirixirse cara a un hard rock máis tradicional. Foi o segundo e derradeiro álbum do grupo cun batería humano no canto dunha caixa de ritmos.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Godflesh Categoría:Álbums musicais de 2001 Categoría:Álbums producidos por Justin Broadrick Categoría:Álbums de Music for Nations