Dehalobacter é un xénero de bacterias do filo Firmicutes.

Etimoloxía O nome xenérico Dehalobacter acuñouno o químico sueco Jöns Jakob Berzelius (1779–1848) deriva do latín de, 'de, des', e halogenum do grego hals, halos 'sal' + gen 'producir', e bacter, 'bastón, bacilo, bacteria'; polo que o nome refírese a 'bacteria bacilar que elimina halóxenos'.

Especies

O xénero contén unha soa especie, denominada D. restrictus Holliger et al. 1998, especie tipo do xénero. O seu nome específico vén do latín restrictus, 'restrinxido, limitado, confinado', referíndose ao limitado rango de susbtratos que usa. Recentemente foi identificada tamén Dehalobacter sp. UNSWDHB, que declora o cloroformo a diclorometano e identificouse a súa deshaloxenase redutora.

Notas

Categoría:Clostridiales