Sara José López Bueno, nada en Pereira, Risaralda, o 24 de abril de 1995, é unha atleta colombiana que compite na modalidade de tiro con arco composto. No 2019, converteuse na primeira deportista en gañar cinco finais da Copa do Mundo en arcada. Competiu por primeira vez para o equipo nacional de Colombia durante o Pre-olímpico do 2011 en Medellín, Colombia. Dende entón, competiu en máis de 156 eventos internacionais, incluíndo os Xogos Bolivarianos, os Xogos Suramericanos, os Xogos Panamericanos, os Xogos Mundiais e a Copa do Mundo de tiro con arco.
Traxectoria miniatura|esquerda|250px|Sara López na Final da Copa do Mundo de Tiro con Arco - 2019. López tivo o seu debut internacional no 2013 cando competiu nos Xogos Panamericanos e os Xogos Mundiais, obtendo medallas de bronce en ámbolos dous encontros. Dende entón, situouse como unha das mellores arqueiras do mundo na súa especialidade, obtendo 46 medallas de ouro individuais e como parte do equipo colombiano.
No ano 2019, ocupaba o posto número 2 na clasificación mundial de tiro con arco feminino.
Notas
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Arqueiros de Colombia