Improved TIROS Operational System (ás veces denominados Improved TIROS Operational Satellite) ou ITOS foron unha serie de satélites meteorolóxicos de segunda xeración dos Estados Unidos.
Características Os satélites ITOS foron os sucesores dos satélites meteorolóxicos TIROS, dos cales TIROS-M foi o seu prototipo. Eran satélites en órbita heliosíncrona operados pola Administración Nacional Oceánica e Atmosférica (NOAA), da que tamén reciben a súa outra denominación, NOAA. Lanzáronse oito satélites ITOS en total entre 1970 e 1976, dos cales dous fallaron por problemas nos seus foguetes lanzadores. Os satélites ITOS pódense dividir en dúas familias. thumb|256px|Un satélite ITOS en preparación para o lanzamento. ITOS 1 (TIROS M), ITOS A (NOAA 1) e ITOS B TIROS M foi o prototipo dos satélites ITOS, mentres que ITOS A foi en primeiro en recibir a denominación NOAA (NOAA 1) e ITOS B fallou por problemas co seu vehículo lanzados. Cada satélite levaba a bordo dúas cámaras de televisión, dúas cámaras Vidicon, un radiómetro de baixa resolución, un monitor de protóns solares e dous radiómetros para o infravermello e que tamén funcionaban como respaldo para as cámaras. Os satélites tiñan forma aproximada de cubo de arredor de 1 m de longo, coas cámaras apuntando verticalmente cara a Terra. Levaban tres paneis solares curvados, cada un duns 4,2 m de longo, e mantiñan a súa orientación mediante xiroscopios. Todos foron lanzados mediante foguetes Delta N6.
ITOS D (NOAA 2), ITOS E, ITOS F (NOAA 3), ITOS G (NOAA 4) e ITOS E2 (NOAA 5) Tratábase de satélites ITOS reconfigurados e lanzados con novos sensores para mellorar a capacidade do sistema. Foron os primeiros satélites meteorolóxicos en usar unicamente radiómetros para estudar a capa de nubes. Levaban a bordo un radiómetro de moi alta resolución, un radiómetro para facer perfís de temperatura vertical e un radiómetro de exploración. Polo demais en forma e tamaño eran similares aos primeiros ITOS. Foron lanzados por foguetes Delta 300 e Delta 2310
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasITOS 1 (TIROS M)23 de xaneiro de 1970Delta N6ÉxitoITOS A (NOAA 1)11 de decembro de 1970Deltan N6ÉxitoITOS B21 de outubro de 1971Delta N6FalloITOS D (NOAA 2)15 de outubro de 1972Delta 300ÉxitoITOS E17 de xullo de 1973Delta 300FalloITOS F (NOAA 3)6 de novembro de 1973Delta 300ÉxitoITOS G (NOAA 4)15 de novembro de 1974Delta 2310ÉxitoITOS E2 (NOAA 5)29 de xullo de 1976Delta 2310Éxito
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Delta N6 Delta 300 Delta 2310 TIROS
Categoría:Satélites artificiais