Moctar Sidi El Hacen El Ide (en ), nado o 31 de decembro de 1997 en Arafat, é un futbolista profesional mauritano da canteira do Levante, que dende 2023 xoga como mediocampista no Mesaimeer SC.
Traxectoria Nado en Arafat, nas aforas de Nouakchott, Mauritania, El Hacen comezou a súa carreira no ASAC Concorde local. En agosto de 2014, con 16 anos, uniuse ao Valencia CF despois de chamar a atención do club no Torneo Internacional de Fútbol da Alcúdia, mais escolleu unirse ao Levante UD no seu lugar. Asignado ao xuvenil, El Hacen fixo o seu debu co filial da Segunda División B o 14 de xaneiro de 2016, entrando como suplente na segunda parte na derrota fóra da casa por 1–3 Segunda División B ante o CD Llosetense. Na temporada 2016−17 foi subido definitivamente ao equipo B, anotando o seu primeiro gol o 6 de novembro para axudar á vitoria por 2–0 ante a UE Llagostera.
O seu debut co primeiro equipo chegou o 28 de novembro de 2017 no empate 1−1 ante o Girona FC na Copa do Rei desa temporada. Tres días despois debuta en Primeira División, entrando como suplente no empate a domicilio por 0−0 ante o Málaga CF. O 24 de xullo de 2018, El Hacen asina polo Real Valladolid B, aínda que tamén debuta co primeiro equipo. O 31 de xaneiro de 2020 é cedido ao CD Lugo da Segunda División.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en soccerway Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Mauritania Categoría:Futbolistas de Mauritania Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Mauritania Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Levante UD B Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do Real Valladolid B Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do CD Lugo