A selección de fútbol de Tanzania (en , en ) é o equipo representativo de Tanzania nas competicións oficiais internacionais de fútbol. É dirixida pola Federación de Tanzania de Fútbol (Shirikisho la Mpira wa Miguu Tanzania, Tanzania Football Federation), afiliada á Confederación Africana de Fútbol (CAF) e á FIFA. O estadio principal da selección é o Estadio Nacional Benjamin Mkapa en Dar es Salaam. A selección tanzana nunca xogou a fase final da Copa do Mundo e tan só participou en dúas edición da Copa de África de Nacións.

Antes da súa unión con Zanzíbar, o equipo recibía o nome de selección de fútbol de Tanganica. Por outra banda, actualmente a illa de Zanzíbar, parte de Tanzania, é membro asociado da CAF. Así, Zanzibar, ten a súa propia . Esta selección, porén, non pode participar nin na Copa do Mundo nin na Copa de África.

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Tanzania en FIFA.com

Categoría:Fútbol en Tanzania