O Gran Premio de Estiria (oficialmente Formula 1 Pirelli Großer Styrian Grand Prix) é unha carreira válida para o campionato de Fórmula 1 que forma parte do calendario da tempada . Debido á pandemia do coronavirus, o calendario está modificado, e nalgúns circuítos, entre eles o Red Bull Ring, se disputan dous Grandes Premios. Ao estar o circuíto localizado no estado de Estiria, o segundo dos Grandes Premios adoptou este nome.

Historia

2020

A Pandemia de COVID-19 en 2020 provocou a interrupción do calendario de carreiras orixinal, cunha serie de carreiras canceladas. O Gran Premio de Estiria engadiuse ao calendario revisado como unha carreira "puntual", como outros Grandes Premios novos ou de volta, para compensar a perda doutras carreiras. Despois do Gran Premio de Austria de 2020, foi a segunda carreira consecutiva no Red Bull Ring. Lewis Hamilton co Mercedes acadou a pole e gañou a carreira.

2021

A pesar da intención orixinal de que o Gran Premio de Estiria se celebrase como evento único en 2020, o evento regresou en como a oitava xornada do campionato en substitución do Gran Premio de Turquía que adiuse debido ás restricións de viaxe para xestionar a pandemia de COVID-19 en curso. Max Verstappen co Red Bull acadou a pole e gañou a carreira.

Gañadores Fórmula 1 Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados Max Verstappen Red Bull-Honda Red Bull Ring Resultados Lewis Hamilton Mercedes Red Bull Ring Resultados

Notas

Referencias

Véxase tamén

Estiria Categoría:Gran Premio de Estiria de Fórmula 1 Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 desaparecidos