Fernando José Branco Pinto do Amaral, nado en Lisboa o 12 de maio de 1960, é un profesor de Literatura, tradutor e poeta portugués.
Traxectoria É fillo de António Pinto do Amaral (Estarreja, Beduído, 22 de xaneiro de 1910 - Lisboa, 6 de maio de 1977), Médico, e da súa segunda muller Maria Eugénia Rodrigues Branco (Lisboa, 1 de abril de 1927), popular actriz da década de 1940.
Comezou na Facultade de Medicina da Universidade de Lisboa entre 1979 e 1982, mais desistiu do curso en prol das letras. Licenciado en Linguas e Literaturas Modernas e doutorado en Literatura Románica, deu aulas desde 1987 no Departamento de Literaturas Românicas da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa.
Ten colaborado nas revistas LER, A Phala, Colóquio/Letras, Relâmpago e fixo crítica literaria nos xornais Público e JL. Traduciu As Flores do Mal, de Baudelaire, e Poemas Saturnianos de Verlaine. Traduciu tamén toda a poesía do arxentino Jorge Luis Borges e a Gabriela Mistral.
En 2009 foi nomeado comisario do Plano Nacional de Lectura, cargo que ocupou até abril de 2017.
Ten unha filla, Laura Maria Pereira Pedrosa Pinto do Amaral (Lisboa, 21 de xaneiro de 1998). É primo irmán do inmunoloxista António A. Coutinho.
Toda a obra de Fernando Pito do Amaral, como poeta, ensaísta e tradutor, xira en torno á melancolía que rodea as vivencias finiseculares, modulada, neste final de século en concreto, pola noción de pos-modernidade, que marca de forma particular o discurso do autor.
En 2002 Luciano Rodríguez coordinou Horizontes poéticos (Xerais) no que incluíu a Alex Susanna, Felipe Juaristi Galdós, Pilar Pallarés, Luis García Montero e Fernando Pinto do Amaral.
Obras
Poesía Acédia (1990). Assírio & Alvim. A escaleira de Jacob (1993). Ás cegas (1997). Relógio D'Água. Poesía reunida: 1999-2000 (2000). Dom Quixote. Pena suspensa (2004). Dom Quixote. A luz da madrugada (2007). Dom Quixote. Poemas escolhidos (1990 - 2007) (2009). Dom Quixote. Paliativos (2012). Língua Morta. Antoloxía de poesía. Manual de cardiologia (2016). Dom Quixote. O Terceiro Vértice (2019). Dom Quixote.
Ensaio O mosaico fluído: Modernidade e pós-modernidade na poesia portuguesa mais recente: autores revelados na década de 70 (1991). Assírio & Alvim. Na órbita de Saturno: cinco ensaios e uma paráfrase (1992). Hiena. Discurso e imaxes da melancolía na poesía portugesa do século XX (1997). Tese de doutoramento. Antologia Poética de Mário de Sá-Carneiro (2010). Dom Quixote.
Narrativa Área de servizo e outras historias de amor (2006). Dom Quixote. Contos. O segredo de Leonardo Volpi (2009). Dom Quixote. novela.
Infanto-xuvenil A aventura no Game Boy (2004). Texto Editores. O Primo Basílio de Eça de Queiroz (2008). Quasi Edições. A miña primeira Sophia (2009). Dom Quixote.
Premios
1998: Premio PEN Club de Ensaio por O Mosaico Fluido — Modernidade e Pós-Modernidade na Poesia Portuguesa Mais Recente. 2008: En Madrid, Premio Goya, na categoría de Mellor Canción Orixinal polo seu Fado da Saudade, interpretado por Carlos do Carmo no filme Fados, de Carlos Saura. As Flores do Mal, de Baudelaire, Premio do Pen Club e Premio da Asociación Portuguesa de Tradutores. 2016: Manual de Cardiologia recibiu o Premio do PEN Clube Português
Notas
Categoría:Críticos literarios de Portugal Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Nados en 1960