American Crime Story é unha serie de televisión estadounidense antolóxica desenvolvida por Scott Alexander e Larry Karaszewski, que son produtores executivos xunto con Brad Falchuk, Nina Jacobson, Ryan Murphy e Brad Simpson. Dun xeito semellante á serie antolóxica American Horror Story, que tamén é de Murphy e Falchuk, cada tempada preséntase como unha miniserie autoconclusiva, baseándose en diferentes eventos reais sen relación entre as tempadas. Alexander e Karaszewski non continuaron logo do remate da primeira tempada, mais mantivéronse como produtores executivos. A serie estreouse orixinalmente a través da canle por cable estadounidense FX.

A primeira tempada, subtitulada The People v. O. J. Simpson, presenta o xuízo por asasinato de O. J. Simpson, e baséase no libro de Jeffrey Toobin The Run of His Life: The People v. O. J. Simpson. Estreouse o 2 de febreiro de 2016. A segunda tempada, subtitulada The Assassination of Gianni Versace, explora o asasinato do deseñador Gianni Versace polo asasino en serie Andrew Cunanan, e baséase no libro de Maureen Orth Vulgar Favors: Andrew Cunanan, Gianni Versace, and the Largest Failed Manhunt in U.S. History. A terceira tempada, chamada Impeachment, relata o escándalo Clinton–Lewinsky, e baséase no libro A Vast Conspiracy: The Real Story of the Sex Scandal That Nearly Brought Down a President. Estreouse o 7 de setembro de 2021.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión iniciadas en 2016