Fernando Álvarez de Miranda y Torres, nado en Santander o 14 de xaneiro de 1924 e finado o 7 de maio de 2016, foi un político español.
Traxectoria Profesor de dereito procesal na Universidade Complutense de Madrid. De ideoloxía democristiá e monárquica, foi deportado a Fuerteventura polo réxime franquista tras asistir ó Congreso de Múnic (1962). Membro do Consello Privado de Don Xoán (1964). Durante a transición española fundou o Partido Popular Demócrata Cristián que como Partido Demócrata Cristián se integrou na UCD, coa que foi presidente do Congreso dos Deputados (1977-1979), foi tamén embaixador no Salvador (1986-1989) e Defensor do Pobo (1994-1999).
Notas
Véxase tamén
Alvarez de Miranda, Fernando Alvarez de Miranda, Fernando Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados pola UCD Categoría:Defensores do Pobo Categoría:Nados en Santander Categoría:Nados en 1924 Categoría:Profesores da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Condecorados co colar da Orde do Mérito Civil Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura) Categoría:Finados en 2016 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Miguel Hernández de Elx