miniatura|Froito do castiñeiro, con dúas castañas no seu calibio ou cúpula. En botánica, un calibio é unha formación de natureza axial que rodea e protexe, máis ou menos totalmente, os froitos ou as infrutescencias dos representantes da familia das fagáceas, como as landras ou belotas das especie do xénero Quercus, as castañas do xénero Castanea e os das do xénero Faia. Chámase tamén cúpula .Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-335-0078-3, p. 161.
Etimoloxía O termo é unha adaptación do latín científico calybium, derivado do grego antigo χαλύβιον kalýbion, diminutivo de χαλύβη kalýbē, "cabana", "choupana", aludindo á súa función protectora.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cúpula (botánica) Fagáceas
Categoría:Fagáceas Categoría:Termos botánicos