Walter Hermann Schottky, nado en Zürich (Suíza) o 23 de xullo de 1886 e finado en Forchheim (Baviera) o 4 de marzo de 1976, foi un físico alemán.
Traxectoria Fillo do matemático Friedrich Schottky, estudou física na Universidade Humboldt de Berlín e na Universidade de Wurzburgo. Foi alumno de Max Planck, que dirixiu a súa tese de doutoramento. Traballou para Universidade de Jena (1912-1914), a empresa Siemens AG (1914-1919), a Universidade de Wurzburgo (1919-1923), a Universidade de Rostock (1923-1927) e, de novo, para Siemens AG (1927-1958).
Schottky inventou a pantalla da rede de tubo de baleiro en 1915 e a válvula termoiónica tétrodo en 1919, mentres traballaba na Siemens. En 1938 formulou unha teoría para predicir o efecto Schottky, que agora se utiliza nos díodos Schottky.
Foi galardoado en 1936 coa medalla Hughes, concedida pola Royal Society «polo seu descubrimento do efecto Schrotlky na emisión termoiónica e a súa invención do tétrodo de pantalla de rede e dun método superheterodino de recibir sinais inalámbricas». O efecto Schrottky describe as variacións espontáneas en tubos de baleiro.
En 1964 recibiu o Anel Werner von Siemens en honor ao seu pioneiro labor no desenvolvemento físico para a comprensión de moitos fenómenos que deron lugar a numerosos e importantes aparatos técnicos, entre eles amplificadores de tubo e semicondutores.
Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Personalidades da física Categoría:Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Inventores de Alemaña Categoría:Nados en Zürich Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1976