Twitch é un servizo de streaming estadounidense que permite realizar retransmisións en directo, especialmente de videoxogos, incluíndo os directos dos deportes electrónicos, ademais de música, contido creativo, debates e directos da vida dos influencers. Twitch é operado por Twith Interactive propiedade de Amazon sendo rival directo de YouTube.

A súa orixe vén do ano 2007 cando Justin Kan e Emmet Shear fundaron Justin.tv. A categoría de videoxogos desta páxina creceu especialmente rápido e converteuse no contido máis popular do sitio. O 6 de xuño de 2011, Justin.tv lanza Twitch.tv como un subproduto beta enfocado aos deportes electrónicos. O nome inspirouse no termo "twitch gameplay", expresión en inglés para a xogabilidade por reflexos ou de 'contracción) que se usa para referirse ao tempo de reacción dos xogadores.''' Compra por Amazon O 25 de agosto do 2014 anunciouse que Amazon.com comprou Twitch Interactive por $970 millóns. As fontes informaron de que o trato con Google fracasou debido a probable infracción o Dereito da competencia grazas a súa actual propiedade, YouTube.

Contido Twitch deseñouse como unha plataforma para dar cobertura os deportes electrónicos en tempo real. Isto inclúe aos torneos de esports, streams persoais de xogadores individuais e shows'' que falan de contigo principalmente relacionado cos videoxogos. Actualmente son moitos e moi diversos os tipos de contidos que se realizan na plataforma. Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Twitch en galego

Categoría:Twitch Categoría:Servizos de streaming