Clara Moraleda Torrodellas, nada en Barcelona o 14 de xaneiro de 1994, é unha actriz, cantante e youtubeira catalá, coñecida neste último medio polo pseudónimo Leopolda Olda, popularmente "Leo".
Traxectoria Comezou a súa traxectoria artística profesional interpretando o papel de July no filme Atrocious (2010), do director Fernando Barreda Luna. Despois de rematar os estudos secundarios e de formarse como cantante, interrompeu a carreira universitaria de Tradución e Interpretación para dedicarse á súa vocación artística, que desenvolve en diferentes ámbitos.
Como actriz de musicais, interpretou os papeis de Montserrat e de Saïd (neno) na terceira reposición de Mar i Cel (2014), o de La Maca en Fang i setge (2016), o de Fanny en Scaramouche (2016), polo que foi candidata finalista na categoría de mellor actriz secundaria na edición de 2017 dos Premios del Teatro Musical, e o de Thea en El despertar de la primavera (2019).
En teatro de texto, representou o papel de Angélique Diderot na obra El Llibertí (2018), e diversos personaxes nunha adaptación da obra Peter Pan (2019).
Como actriz de dobraxe, participou no filme Mara und der Feuerbringer (2017), poñendo voz ao personaxe de Larissa. Tamén traballou poñendo a súa voz en anuncios comerciais para a radio.
Na súa faceta de youtuber como Leopolda Olda, comezou cunha de vídeos en lingua catalá, que lle trouxo popularidade entre os adolescentes polos tremas que trata, con humor e desmitificacións, achegados ás inquedanzas deste grupo de idade.
En 2017, publicou o libro Excuses barates (editorial Columna), no que amplía algúns dos temas dos vídeos. Continuando a súa vocación literaria, xa como Clara Moraleda, publicou en 2020 o libro "El teu nom" (editorial Columna), recompilación de relatos breves que ficou finalista do premio Josep Pla de narrativa no mesmo ano, ao que se presentou baixo o pseudónimo Cleta Torrodellas.
Notas
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1994 Categoría:Personalidades de YouTube Categoría:Actores de teatro musical de Cataluña Categoría:Actores de teatro de Cataluña Categoría:Actores de dobraxe