Zsuzsa Kun, nada como Zsuzsanna Kún en Budapest o 9 de decembro de 1934 e finada o 24 de decembro de 2018 , foi unha bailarina e mestra de ballet húngara.

Traxectoria Filla de Ferenc Kún e Viktória Lerch. O pioneiro da formación moderna no ballet húngaro Ferenc Nádasi deulle clases na escola de ballet da Ópera Estatal de Hungría entre 1943 e 1949 e nese ano pasou a formar parte do seu elenco permanente. A partir de 1950 o ballet húngaro asumiu o estilo de danza soviético e de 1950 a 1952 Zsuzska continuou os seus estudos en Moscova e Leningrado e ao volver converteuse en bailarina solista da Ópera Estatal. De 1955 a 1956 canda Viktor Fülöp, seu primeiro marido, foi bolseira na escola de ballet do Bolshoi en Moscova ""Hideg fejem az nem volt, csak szívem" - 80 éves Kun Zsuzsa balettművész". Színház, 9 de decembro de 2014 e de novo en Hungría converteuse na estrela feminina da danza e intérprete dos papeis principais do repertorio clásico e foi bailarina invitada do Bolshoi e do London Festival Ballet. De 1972 a 1979 exerceu como directora do Instituto Estatal de Ballet e a partir de 1979 foi mestra de ballet.

Ballets Leonid Lavrovsky: Giselle - protagonista; Romeo e Xulieta - protagonista Gyula Harangozó: Romeo e Xulieta - protagonista Vasili Vainonen: O Quebranoces László Seregi: Spartacus - Flavia Aszaf Messzerer: O lago dos cisnes - Odette/Odilia Rostislav Zakharov: A fonte de Bakhchisarai - Zarema, María

Notas

Categoría:Nados en Budapest Categoría:Finados en 2018 Categoría:Nados en 1934 Categoría:Bailarinas de ballet Categoría:Mestres de ballet