A acinesia é a redución da mobilidade autónoma que se inicia nas articulacións e acaba por estenderse a todo o sistema motor. É un dos síntomas típicos do mal de Parkinson.

Tipos A acinesia pode afectar a todo o corpo ou a partes específicas como poden ser os ollos, a cabeza ou unha extremidadeKenneth M. Heilman e Edward Valenstei Clinical Neuropsychology. Oxford University Press, 4ª ed., 2003, páxina 299, e nalgúns casos a acinesia depende da parte do espazo na que se mova o corpo ou a parte afectada, na acinesia direccional hai unha imposibilidade de movela cara ao lado contrario da lesiónBarbara C. Fisher Attention Deficit Disorder Misdiagnosis. CRC Press, 1997, páxina 114, na acinesia espacial pola contra a imposibilidade non depende da dirección senón do hemispazoMartha J. Farah e Todd E. FeinbergPatient-Based Approaches to Cognitive Neuroscience. MIT Press, 2000, páxina 115

Notas

Categoría:Doenzas

en:Hypokinesia