Ana María Barbero Zurita, nada en Córdoba, é unha expiloto española de rallys.
En 1992 proclamouse vencedora do Campionato de Galicia de Rallys de Terra.
Traxectoria Comezou nos rallys a finais da década de 1980. En 1991 disputou o Campionato de España de Rallys de Terra a bordo dun Citroën AX 4x4, rematando en quinta posición no Challenge Citroën. Correu tamén ese ano o 4º Rally de Terra do Carballiño, rematando en segunda posición, só por detrás de Manuel Senra. En 1992 disputou, ademais do nacional, o Campionato de Galicia de Rallys de Terra de forma íntegra. Quedou en segunda posición na primeira das probas, o Rally de Narón, por detrás de Manuel Senra, e logrou tamén o segundo posto no Rally do Carballiño, despois de manter un duelo con Senra, que acabou rompendo. Tras o Rally de Terra de Ourense, onde quedou cuarta, proclamouse campioa de Galicia, sendo a única muller en logralo.
En 1995 correu o Rally de Montecarlo, a bordo dun Fiat Cinquecento, aínda que non conseguiu acabar a carreira. Tras deixar os rallys fíxose instrutora do RACE.
En 2019 correu a Panda Raid en Marrocos, un rally afeccionado de resistencia de 3000 km a bordo dun Fiat Panda.
Vida persoal O seu marido, Guillermo Barreras, foi campión de España de Rallys de Terra en 1985, mentres que a súa filla, Ana Barreras, tamén compite en automobilismo, na Copa Kobe Motor.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Estrella Castrillón
Categoría:Nados en Córdoba Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Pilotos de rally de España Categoría:Personalidades sen imaxes