Os callaecos (en ) eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo galaico bracarenseMapa dos pobos prerromanos , cara ao 200 a.C. que deu nome a toda a rexión de Gallaecia.Alberro (1999), p. 64: "Gallaeci o callaeci". A teoría máis posible é que Décimo Xunio Bruto deu o nome de callaeci a todos os pobos que foi atopando na súa campaña logo de cruzar o río Douro cara ao norte.Caamaño Gesto, José Manuel. A gran historia de Galicia. Cultura Castrexa. Volume 1: Ocupación do territorio e cultura material.Los celtas: la Europa del hierro y la Península Ibérica. Pedro Damián Cano Borrego. p118 Estrabón recolle este nome para denominar a tódolos pobos da rexión do noroeste peninsular por ser os outros pobos «demasiado pequenos e demasiado escuros».
A súa localización exacta foi obxecto de debate e o historiador romano Plinio noméaos como un dos pobos do convento bracarense, na zona achegado a Bracara Augusta.Historiae Naturalis, páxina 50. Outros autores sitúannos no val do Limia a carón da serra do Xurés, onde existe unha parroquia chamada Galez, no concello ourensán de Entrimo.
Na historiografía Existen numerosas referencias históricas ós callaecos, sendo nomeado por vez primeira por Appio, no ano -139, durante a campaña de Quinto Servilio Cepión. O xeneral romano Décimo Xunio Bruto Galaico na súa expedición de 138-136 a.C obtivo o alcume de "Callaicus" ou "Callaecus" (gañador contra os Callaeci/Gallaeci)Marcus Valerius Paterculus, Roman Histories, 11.5 polas súas vitorias sobre os callaecos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de tribos celtas
Categoría:Galaicos Categoría:Pobos prerromanos de Gallaecia