A dos quermésidos (Kermesidae) é unha familia de insectos hemípteros sa superfamilia dos cocoideos (cochinillas).Kermesidae Signoret, 1875 no ITIS.
O seu xénero tipo, Kermes, inclúe a especie Kermes vermilio, a cochinilla do carrasco ou querme, da que se obtén o colorante vermello chamado querme.
Estas cochinillas presentan un gran dimorfismo sexual, cos machos alados e as femias ápteras.
Taonomía Descrición A familia foi descrita en 1875 polo médico e entomólogo francés Victor Antoine Signoret.
Etimoloxía O nome da familia está formado, como marcan as normas, polo nome do seu xénero tipo, Kermes, coa adición do sufixo do latín científico -ĭdae, propio dos nomes das familias de animais.
Xéneros Na familia recoñécense os xéneros seguintes: Allokermes Bullington & Kosztarab, 1985 Eriokermes Miller & Miller, 1993 Kermes Latreille, 1798 Nanokermes Bullington & Kosztarab, 1985 Olliffiella Cockerell, 1896 Nidularia Targioni-Tozzetti, 1868
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Spodek, M. & Ben-Dov, Y. (2014): "A taxonomic revision of the Kermesidae (Hemiptera: Coccoidea) in Israel, with a description of a new species". Zootaxa 3781 (1): 1–99.
Outros artigos Cochinilla Kermes vermilio
Ligazóns externas Allokermes kingii, northern red-oak kermes, kermes scale na Universidade de Florida / Institute of Food and Agricultural Sciences (IFAS). Miller, D. & Y. Ben-Dov (2005): ScaleNet .
Categoría:Sternorrhyncha