María Fe González Fernández é unha tradutora galega.

Traxectoria Ten unha dilatada traxectoria profesional como tradutora do inglés para o galego. Foi a responsable de verter á lingua galega obras de autores como Mary Wollstonecraft, Mary Beard, Margaret Cavendish, Jonathan Swift ou Laurie Lee. Ten traballado con editoriais como Trifolium, Hércules, Hugin e Munin, Rinoceronte, Galaxia, Kalandraka ou Sotelo BlancoEtiqueta da autora en Caderno da crítica..

De xeito puntual, traduciu en tándem con Armando Requeixo, como foi o caso da obra Don Ramón María del Valle-Inclán, de Ramón Gómez de la SernaFicha da obra en LG3..

TraduciónsListaxe de obra en BiTraGa. A terra baldía (1998) Edipo rei (1999) Antoloxía do conto neozelandés (2000) Polos mares do sur (2002) Vindicación dos dereitos da muller (2004) Eduardo, o neno máis terrible do mundo (2006) A dama solitaria & Fantomina (2006) Leopoldo e Casilda (2007) Amor vermello e escritos sociais e políticos (2008) O ocio e a diversión na cidade (2009) A idade da inocencia (2009) Ante a Historia Compostelá (2010) Benquerido Diego, abrázate Quiela (2010) Eloxio da ociosidade (2010) Apoloxía dos ociosos (2011) Por que non son cristián (2011) Cando partín unha mañá de verán (2011) O mercado e a globalización (2011) Oroonoko (2012) Estética e temporalización do Camiño Xacobeo (2012) Maria (2013) Unha humilde proposta (2013) O camiño á casa (2017) O mundo resplandecente (2019)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en LG3.

Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes