José Tolentino Calaça de Mendonça, máis coñecido por José Tolentino de Mendonça, nado en Machico (Madeira) o 15 de decembro de 1965, é un cardeal, poeta e teólogo portugués.

Accedeu a Arquivista do Arquivo Apostólico do Vaticano e Bibliotecario da Biblioteca Apostólica Vaticana, na Cúria Romana. O día 5 de outubro de 2019 foi elevado a Cardeal polo Papa Francisco durante o Consistorio Ordinario Público de 2019.

Teólogo e profesor universitario, José Tolentino de Mendonça é tamén considerado unha das voces máis orixinais da literatura portuguesa contemporánea e recoñecido como un eminente intelectual católico. A súa obra inclúe poesía, ensaios e pezas de teatro asinados como José Tolentino Mendonça.

Traxectoria O máis novo de cinco irmáns, José Tolentino de Mendonça nace na illa da Madeira (Portugal) o 15 de decembro de 1965. Vive, no entanto, os primeiros anos da súa infancia en Angola, en zonas costeiras onde o pai é pescador. Deixa África aos 9 anos, no tempo da independencia das colonias portuguesas.

Formación e Sacerdocio xn 1989 licénciase en Teologia na Universidade Católica Portuguesa. En 1990 é ordenado padre da Diocese do Funchal, Madeira. Ese mesmo ano, publica a súa primeira recolla de poemas, Os Dias Contados. En 1992 recibe o título de Mestre en Ciencias Bíblicas polo Pontifício Instituto Bíblico e en 2004 o de Doutor en Teoloxia Bíblica pola UCP.

Como sacerdote, exerceu as súas funcións pastorais na Parroquia de Nosa Señora do Livramento no Funchal entre 1992 e 1995, despois en Lisboa foi capeláno durante 5 anos na UCP, estivo na parroquia de Santa Isabel e, desde 2010, reitor da Capela de Nosa Señora da Bonanza, máis coñecida por Capela do Rato.

Carreira académica Os primeiros anos de vida sacerdotal de José Tolentino de Mendonça son tamén académicos. Foi profesor no Seminario do Funchal, reitor do Colexio Pontifício Portugués en Roma, docente na Universidade Católica Portuguesa e profesor convidado no Brasil, pola Universidade Católica de Pernambuco (Unicap), pola Pontifícia Universidade Católica do Río de Xaneiro e pola Facultade Jesuíta de Filosofía e Teologia (FAJE) en Belo Horizonte. En Lisboa, participou na Universidade Católica Portuguesa na calidade de asistente (1996-1999), profesor auxiliar (2005-2015) e profesor asociado. En 2012, a Universidade Católica Portuguesa noméao Vicerreitor e, en 2018, Director da Facultade de Teoloxía. Foi Straus Fellow na Universidade de Nova York durante un ano, formando parte dun equipo de investigadores convidados, empeñados no estudo do tema “Relixión e Espazo Público”. miniatura|dereita|Pe. José Tolentino Mendonça, na Capela do Rato, 22 de xullo de 2018 Próximo ao mundo cultural, por intermedio da súa vasta obra, das publicacións e intervencións frecuentes nos medios de comunicación social, José Tolentino de Mendonça foi nomeado en 2004 o primeiro director do Secretariado Nacional da Pastoral da Cultura, entón creado pola Conferencia Episcopal Portuguesa para promover o diálogo entre a Igrexa e o medio cultural nacional, cargo que asumiu durante 10 anos.

En 2009, despois de asistir a unha reunión do Papa Bento XVI cunha asemblea de artistas, José Tolentino de Mendonça confidencia que o xesto de hospitalidade do Papa foi bastante apreciado e que o Papa sinala que “no seo da Igrexa, no seo do espazo cristián, [os artistas] teñen unha casa, poden sentirse como se estivesen na casa”. En 2011, Bento XVI nomea Tolentino Mendonça para consultor do Consello Pontifício para a Cultura. O Papa Francisco reafirmouno en 2016.

En 2018, José Tolentino de Mendonça é convidado polo Papa Francisco para orientar os Exercicios Espirituais do retiro da Quaresma do Papa e dos membros da Curia Romana entre 18 e 23 de febreiro. Para alén da Bíblia, recorre a escritos de Fernando Persoa, Clarice Lispector, Françoise Dolto, Etty Hillesum ou Blaise Pascal. Declara entón que “os escritores son moitas veces importantes guías espirituais”. As súas reflexións son publicadas cg título Eloxio da Sede, prefaciadas polo Papa Francisco.

Xaneiro de 2020 : o cardeal Tolentino de Mendonça integra a comisión científica dos 700 anos da morte de Dante Alighieri (1265-1321) presidada polo cardeal Gianfranco Ravasi. Unha iniciativa organizada polo Consello Pontifício para a Cultura.

Febreiro de 2020: o Papa Francisco nomea o cardeal Tolentino de Mendonça como membro do Consello Pontifício para a Cultura, presidido polo cardeal Gianfranco Ravasi. O cardeal fora consultor entre 2011 e 2018.

Considerado unha das voces do catolicismo contemporáneo, José Tolentino de Mendonça, especialista en Estudos Bíblicos, ten publicados ensaios, textos espirituais, poemas e sermóns, onde aborda os temas maiores do cánon cristián, relacionándoos e facéndoos dialogar coa vida e o cotián. A relación entre o cristianismo e a cultura constitúe o foco central dos seus textos, procurando, mentres teólogo e pensador relixioso, descubrir a vida espiritual nos locais máis esquecidos, incentivando ao mesmo tempo a Igrexa a ser máis presente e máis pertinente. As súas obras teñen moito éxito en Portugal e soncada vez máis traducidas e publicadas no estranxeiro. Recibiu xa moitos premios literarios, que contribúen para enaltecer a súa carreira como escritor e subliñan o seu papel no mundo cultural.

Episcopado e cardinalato miniatura|130x130px|D. José Tolentino Mendonça, tras a ordenación episcopal. 28.07.2018 O 26 de xuño de 2018 Tolentino de Mendonça foi nomeado arcebispo titular de Suaba polo Papa Francisco. Como arcebispo, foi nomeado para os cargos de Arquivista e Bibliotecario da Santa Sé, substituíndo o arcebispo francés Jean-Louis Bruguès. Tomou posesión dos cargos na Cúria Romana o 1 de sSetembro de 2018.

A Ordenación Episcopal decorreu o 28 de xullo de 2018, no Mosteiro dos Jerónimos, en Lisboa, presidindo á celebración o Cardeal-Patriarca de Lisboa, D. Manuel Clemente, e foron concelebrantes principais o Cardeal D. António Marto, Bispo de Leiría-Fátima e D. Teodoro de Faría, Bispo Emérito do Funchal, que o 28 de xullo de 1990, presidira a ordenación sacerdotal de José Tolentino de Mendonça.

O día 1 de setembro de 2019, durante o Ângelus, a Súa Santidade o Papa Francisco anunciou a creación de D. José Tolentino de Mendonça como Cardeal, no ámbito do Consistorio Ordinario Público de 2019 para a creación de novos cardeais.

O día 5 de outubro de 2019 foi elevado a Cardeal polo Papa Francisco durante o Consistorio, sendo nomeado Cardeal-Diácono e foille atribuída a igrexa romana dos Santos Domingos e Sisto.

Obras publicadas miniatura|Cardeal de Medonça

Poesía

Os Dias Contados (1990). Longe não sabia (1997). Editorial Presença. A que distância deixaste o coração (1998). Baldios(1999). Assírio & Alvim. De Igual para Igual (2000). A Estrada Branca (2005). Assírio & Alvim. Tabuas de pedra (2005). Assírio & Alvim. A Noite abre os meus Olhos (2006). Poesía reunida. O Viajante sem Sono (2009). A papoila e o monge (2011). Assírio & Alvim. O estado do bosque (2013). Assírio & Alvim. Estação central (2015). Assírio & Alvim. Teoria da fronteira (2017). Assírio & Alvim.

Teatro

Perdoar Helena (2005). Assírio & Alvim.

Ensaio

As estratégias do desejo: um discurso bíblico sobre a sexualidade (1994). Cotovia. Se eu quiser falar com Deus (1994).Textos pastorais Retiro aberto. Para uma mistica do quotidiano (2000). Monxas dominicanas, Mosterio de Santa Maria. A construção de Jesus: uma leitura narrativa de Lucas 7,36-50 (2004). Assírio & Alvim. A leitura infinita. Bíblia e Interpretação (2008). Paulinas Editora. O tesouro escondido (2011). Paulinas Editora. Um deus que dança, Apostolado da oração (2011). Pai-nosso que estais na terra (2011). Paulinas Editora. Apocalipse ou Revelação do Apóstolo, o Teólogo (2011). (CD de son, libros con CD por Luis Miguel Cintra). Presente. Nenhum caminho será longo (2012). Paulinas Editora O hipopótamo de Deus (2013). Paulinas Editora. Os rostos de Jesus, Temas e Debates (2013). A mística do instante (2014). Paulinas Editora. A leitura infinita (2014). Paulinas Editora. A construção de Jesus (2015). Paulinas Editora. Esperar contra toda a esperança (2015). Universidade Católica Editora. Desporto, ética e transcendência (2015). Edições Afrontamento. A construção de Jesus (2015). Paulinas Editora. Corrigir os que erram (2016). Paulinas Editora. O Pequeno caminho das grandes perguntas (2017). Quetzal. O Elogio da Sede (2018). Quetzal. Texto dos exercicios espirituais do retiro de Quaresma do Papa e da Curia Romana. Uma beleza que nos pertence (Aforismos) (2019). Quetzal. Palavra e Vida 2020, O Evangelho comentado cada dia (2019). Fundação Claret

Outros

Cântico dos Cânticos (1999). Cotovia. Tradución do libro de Salomón. A Biblia Ilustrada, con ilustracións de Ilda David. Presentación e fixación do texto José Tolentino. Tradución Joao Ferreira Annes. Volumes I e II. Génesis - Levítico (1.º vol.) + Números - Juízes (2.º vol.) (2006). Assírio & Alvim. Volumes III e IV. Rute + 1º Reis. (2007). Assírio & Alvim. Volumes V e VI. Salmos + Isaías. (2007). Assírio & Alvim. Volumes VII e VIII. Mateus - Actos dos Apóstolos (7.º vol.) + Romanos - Apocalipse (8.º vol.) (2007). Assírio & Alvim.

Que coisa são as nuvens (2015). Expresso. Unha selección das mellores crónicas semanais publicadas polo Expresso. Requiem pela aurora de amanhã (2018). Libreto da obra creada para o centésimo aniversario do final da I Guerra Mundial. Representada o 20 de jullo de 2018 no Mosteiro dos Jerónimos durante o 44º Festival Estoril-Lisboa, Música de João Madureira. Nos passos de Etty Hillesum (2019). Co coeditor Filipe Condado (fotos). Documenta. Fotobiografía.

Publicado só en lingua inglesa Religion and Culture in the Process of Global Change: Portuguese Perspectives, cocon coeditores Alfredo Teixeira, Alexandre Palma (2016). Cultural Heritage and Contemporary Change, Series VIII, Vol. 19 - Council for Research in Values & Philosophy. Ensaio.

Dirección e Coordinación de Coleccións

Coleção Poéticas do Viver Crente (2011). Paulinas Editora. Dirección e coordenación. Coleção Poéticas do Viver Crente - série Linhas de Rumo (2012). Paulinas Editora. Dirección e coordenación. Coleção Grandes Diálogos (2013). Paulinas Editora. Dirección e coordenación. Coleção Teologias Práticas (2013). Paulinas Editora. Dirección e coordenación. Coleção Biblioteca Indispensável (2014). Paulinas Editora. Dirección e coordenación.

Artigos

Identidade e enigma: a interacção dos personagens na secção galilaica de Lucas, in Didaskalia 35, 1/2 (2005) A função cristológica do espaço em Lc 7,36-50, in Didaskalia 33, 1/2 (2003) Toda a Bíblia é Comunicação, in Bíblica - Série Cientifica, nº 2 O Pentecostes, in Bíblica - Série Cientifica, nº 4 Jesus Cristo, Palavra definitiva do Pai, in Bíblica - Série Cientifica, nº 5 O Espírito Santo: "Senhor que dá a Vida", in Bíblica - Série Cientifica, nº 6

Premios literarios

1998: Premio Cidade de Lisboa de Poesía 2005: Premio PEN Club Portugués 2009: Premio Literario da Fundación Inês de Castro 2011: Finalista do Premio Literario Casino da Póvoa 2015: Finalista do Premio Literario Casino da Póvoa 2015: Premio Literario Res Magnae 2016: Gran Premio APE/CM de Loulé - Crónica e Dispersos Literarios 2016: Gran Premio de Poesía Teixeira de Pascoaes 2017: Premio Capri-San Michele 2018: Premio "Uma vida por... paixão!" do xornal italiano Avvenire 2019: Co-vencedor do premio "Cassidorio il Grande" 2023: Premio Pessoa

Honras oficiais

2001: Comendador da Orde do Infante D. Henrique 2015: Comendador da Orde Militar de Sant'Iago da Espada 2020: O presidente da República Portuguesa, Marcelo Rebelo de Sousa, escolle Tolentino de Mendonça para presidir ás conmemoracións do 10 de xuño de 2020 (29.06.2019). O 26 de marzo de 2020, o presidente, "considerando as circunstancias actuais de pandemia Covid-19" anuncia que decidiu cancelar as conmemoracións do 10 de xuño.