O Somorrostro foi un barrio de barracas da cidade de Barcelona, situado entre os actuais distritos de Sant Martí e Ciutat Vella durante o século XX. As barracas atopábanse na praia, entre o hospital de infecciosos (actual Hospital del Mar, na periferia da Barceloneta) e a desaparecida fábrica de gas Lebon do Poblenou. O barrio estendeuse ata a riera do Bogatell. Desapareceu en 1964 logo do traslado dos seus habitantes a vivendas da Obra Sindical del Hogar.

No barrio houbo unha importante colonia de xitanos, no coñecido como Turó dels Gitanos (outeiro dos Xitanos), onde naceu a bailarina Carmen Amaya. As condicións de vida eran moi precarias e o barrio foi utilizado tamén como vertedoiro.DE DÉU PRATS, Joan, 2009, "Llegendes històriques de Barcelona", Publicacions de l'Abadia de Montserrat.

Notas

Categoría:Antigos barrios de Barcelona Categoría:Ciutat Vella de Barcelona Categoría:Sant Martí