250px|thumb|Tren da serie S-104 na estación de Córdoba. Renfe AV City é un servizo diúrno de transporte de pasaxeiros por alta velocidade prestados polo operador ferroviario español Renfe desde 2014. O seu obxectivo é a comercialización de servizos similares aos que ofrece o AVE cun custo reducido.
Caracterízase por utilizar trens das series S-104, S-114 e S-121 (usados habitualmente para Avant) e carecer de clase Preferente, así como doutros servizos complementarios que si se ofrecen nos percorridos de AVE convencionais. A súa velocidade punta é de 250 km/h.
Servizos Os servizos AV City caracterízanse por ser postos en marcha para complementar a oferta AVE a prezos máis económicos, co fin de facilitar e incrementar a mobilidade dos clientes. Todos os servizos AV City circulan por liñas de alta velocidade a unha velocidade máxima de 200-250 km/h. A diferenza cos trens AVE radica, ademais da menor velocidade punta, na non dispoñibilidade de prestacións complementarias que encarecen o produto. Todos os vehículos dispoñen de cafetería, aseo, prazas específicas para persoas de mobilidade reducida e prazas en Turista e Turista Plus.
Percorridos Orixe Paradas Destino Frecuencias Madrid-Puerta de Atocha Cidade Real · Puertollano · Villanueva de Córdoba-Los Pedroches · Córdoba-Central Sevilla-Santa Justa 2 por día e sentidoMadrid-Puerta de AtochaGuadalaxara-Yebes · CalatayudZaragoza-DeliciasSentido Madrid 1 por sentido de luns a sábado e 1 xoves, venres e domingo. Sentido Zaragoza 1 por sentido de luns a venres e domingo e 1 xoves e domingo.Madrid-ChamartínSegovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande - PalenciaLeón 1 por sentido Madrid-ChamartínSegovia-Guiomar · Medina del Campo AVZamora 1 por sentidoValencia-Joaquín Sorolla Cuenca-Fernando Zóbel · Cidade Real · Puertollano · Córdoba-Central · Puente Genil-Herrera · Antequera-Santa Ana Málaga-María Zambrano Sentido Málaga circula luns, venres e domingo. Sentido Valencia circula venres, sábado e domingoBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida-PirineusZaragoza-Delicias1 por día e sentido
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información na páxina de Renfe
Categoría:Trens de alta velocidade Categoría:Longa distancia Renfe