O Rally de Ferrol de 1991 foi a 22ª edición de dito rally e a undécima e última proba da tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 30 de novembro e o 1 de decembro de 1991 e os vencedores foron Germán Castrillón e a súa copiloto Estrella Castrillón. Foi o terceiro dos dez triunfos que lograron na proba ferrolá.

Resumo Neste rally reaparecía Estrella Castrillón como copiloto de Germán Castrillón, despois de varios meses sen competir tras o grave accidente sufrido no 28º Rally Rías Baixas. O camiño cara a vitoria do equipo dos Castrillón achandouse coa non participación de Marc Etchebers, que tivo un accidente adestrando, e o prematuro abandono de Manuel Senra, con problemas na culata do seu Peugeot 309 GTi 16v. Deste xeito lograron comodamente a vitoria, manténdose líderes tanto o sábado como o domingo.

Por detrás deles o rally estivo máis competido, coa loita do sábado entre o Peugeot 309 GTi 16v de Miguel Dopico e o Renault Clio 16v de Javier Piñeiro, ata que ambos se saíron da estrada. A primeira etapa rematou con Sergio Vallejo (Peugeot 205 GTI) segundo e Juan Carlos Táboas (Citroën AX Sport) terceiro. Con todo, na etapa do domingo, xa no primeiro paso por Doroña Táboas adiantou a Vallejo e tras repartírense catros dos cinco scratchs restantes, chegou segundo á meta. En cuarta posición chegou Javier Paz, que con problemas no cambio do seu Citroën AX Sport estivo a piques de verse superado no final por Lino Otero (Renault 5 GT Turbo).

Clasificación PosPilotoCopilotoAutomóbilTempo1 Germán Castrillón Estrella CastrillónFord Sierra Cosworth1.02.542 Juan Carlos Táboas Manuel GilsanzCitroën AX Sport1.04.523 Sergio Vallejo Diego VallejoPeugeot 205 GTI1.04.534 Javier Paz Manuel GarcíaCitroën AX Sport1.07.115 Lino OteroChaoCitroën AX Sport1.07.126 "Solo" Martínez José Manuel PazosRenault 5 GT Turbo1.08.017 Vicente Posada Sergio FreireCitroën AX Sport1.08.318 Emilio Barros Poli CostasRenault Clio 16v1.08.489 Carlos Iglesias Chelo PrietoCitroën AX GT1.08.5610AlonsoVázquezCitroën AX1.10.2011 Amable BreijoRenault 5 GT Turbo12 José M. López CastrillónFord Sierra XR2Abandonos- Manuel Senra José MaceirasPeugeot 309 GTI 16v-- Jesús CamposRenault Clio 16v-- Ricardo Vidal-

Notas

Categoría:Rally de Ferrol Categoría:Tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally