O Rally da Coruña de 1991 foi a 9ª ediciónEn 1978 xa se disputara a 9ª edición, e en 1990 disputouse a 18ª edición, pero por cuestións de dereitos sobre o uso do nome Rally da Coruña en 1991 reformulouse a numeración do mesmo. de dito rally. Foi a sétima proba da tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally e foi puntuable tamén para a Copa de España. Celebrouse o 25 de agosto de 1991 e o vencedor foi o asturiano Daniel Alonso.

Resumo O canario Carlos Totoricagüena foi o máis rápido nos treitos diúrnos, pero o seu Mercedes 190E comezou a fallar nos treitos nocturnos e viuse adiantado polo Ford Sierra Cosworth do asturiano Daniel Alonso. Finalmente o motor do Mercedes parou na segunda pasada por Meirama, polo que Alonso conseguiu comodamente a vitoria nun rally que xa ganara dous anos antes. Ademais foi o máis rápido nos tres dos catro treitos que restaban por disputarse. Tamén Manuel Senra abandonou na sección nocturna, ao sufrir unha saída de pista e un problema mecánico no primeiro dos treitos que a conformaban, Soandres, cando ocupaba a terceira posición. Gonzalo Arche estaba segundo tras o abandono de "Carlos" pero perdeu a posición en favor do berciano Antonio Garrido, que quedou finalmente segundo. Miguel Dopico, sobre un Peugeot 309 GTI 16v, chegou á meta en cuarta posición.

Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoTempo1 Daniel Alonso Salvador BelzuncesFord Sierra Cosworth1h33'17''2 Antonio Garrido Humberto GonzálezFord Sierra Cosworth1h33'21''3 Gonzalo Arche Ana ArcheRenault Clio1h37'49''4 Miguel DopicoPeugeot 309 GTI 16v5678 Juan Carlos TáboasCitroën AX Sport91011 Ricardo VidalPeugeot 205 GTIAbandonos- Manuel Senra José MaceirasPeugeot 205 GTI-- Carlos TotoricagüenaMercedes-Benz 190E 2.3 16v-- Arturo Rial Mario PazosCitroën AX Sport

Notas

Categoría:Rally da Coruña Categoría:Tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally