miniatura|Lanterna máxica A lanterna máxica é o antecesor dos aparellos de proxección moderna. Non hai constancia de cando se inventou, a primeira descrición débese ao sacerdote xesuíta Athanasius Kircher na súa obra Ars Magna Lucis et Umbrae de 1645R. W. Burns "Television: an international history of the formative years", páxina 7 e tamén hai versións do aparello no mesmo século por Johann Zahn, aínda que foi o danés Thomas Walgenstein o primeiro en lle dar o nome de lanterna máxicaManuel Rodríguez Bermúdez Animación: una perspectiva desde México. UNAM, México, 2007, páxina 19. Constituído por unha cámara escura cun xogo de lentes, que por medio dun condensador polo que pasaba a luz dunha lámpada de aceite incorporada, e atravesaba unha placa de vidro pintada con debuxos que se proxectaba nun lenzo. Podíase crear ilusión de movemento movendo os vidros.

miniatura|160px|esquerda|Diapositiva

Utilizada en ambientes académicos como a Sorbona e en populares como teatros ó longo do século XIX, constituíu o antecendente do que será no século XX o cine como espectáculo de masas.

Non hai certeza de cando foi traída pola primeira vez a Galicia, quizais en 1805 en Santiago de Compostela por un ambulante francés. A primeira referencia sen xénero de dúbida foi unha representación de fantasmagorías en setembro de 1813. A partir de 1868 estas representacións foron habituais nas cidades galegas.

Notas

Véxase tamén

Athanasius Kircher Johann Zahn

Outros artigos Estereopticón

Categoría:Historia do cinema Categoría:Ilusións ópticas