Para outros artigos con títulos relacionados, véxase Blackburn (homónimos)
Mark Alistair Sinclair Blackburn, nado o 5 de xaneiro de 1953 en Camberley, no condado inglés de Surrey, e finado o 1 de setembro de 2011 en Cambridge, foi un numismático e historiador económico británico, especializado na circulación monetaria nas illas británicas e en Escandinavia entre os séculos XV e XII."Blackburn, Mark Alistair Sinclair"'. En Who's Who and Who Was Who . Bloomsbury Publishing. 1920-2016 (versión en liña de Oxford University Press, 2016).Naismith, R. (2011). "Mark Blackburn obituary". En The Guardian. 29 de setembro de 2011."Mark Blackburn". En The Daily Telegraph. 25 de outubro de 2011.Fox, Mark (2011). "Numismatic pioneer dies". En World Coin News. Outubro. Páxinas 4 e 12.Naismith, R. (2011). "Mark Blackburn, LittD, FSA (1953–2011)". En The British Numismatic Journal. Vol. 81. British Numismatic Society. Páxina 300-303."Mark Blackburn". En The Times. 30 de setembro de 2011.
Traxectoria Blackburn cursou o seu ensino secundario na Skinners' School, na localidade de Tunbridge Wells, e cursou estudos superiores na Universidade de Oxford, onde se graduou primeiro en Química e, en 1975, en Xurisprudencia. Traballou durante un tempo como avogado e en 1978 ingresou na compañía de banca comercial Kleinwort Benson.
Nesa época comezou a destacar como erudito numismático, xunto con outros estudosos desta disciplina xurdidos no Reino Unido a partir da década de 1950, como Michael Dolley, Christopher Blunt, Stewart Lyon ou Michael Metcalf.
En 1982 entrou no Gabinete de Moedas e Medallas do Museo Fitzwilliam, da Universidade de Cambridge, como asistente investigador, da man de Philip Grierson, e alí chegou a ocupar o posto de conservador desde 1991 a 2011, levando a institución ao máximo nivel mundial en investigación numismática medieval. Blackburn exerceu tamén como profesor de Numismática e de Historia Monetaria na Universidade de Cambridge entre 2004 e 2011. A partir de 2005 foi membro do Colexio Gonville and Caius, da Universidade de Cambridge.
Blackburn tomou parte moi activa no proxecto Medieval European Coinage ("Cuñaxes Europeas Medievais"), unha serie de publicacións que catalogan a moeda da Idade Media, editadas por Cambridge University Press en asociación co Museo Fitzwilliam, de Cambridge, que abranguen as cuñaxes de Europa desde ca. 450 ata 1500."About Medieval European Coinage". No sitio web de Cambridge University Press."Medieval European Coinage update (Name in the Book Somewhere III)". En A Corner of Tenth-Century Europe. 21 de outubro de 2018. O proxecto partiu da idea de Philip Grierson, e Blackburn foi o primeiro editor xeral da serie."Medieval European Coinage". En The British Academy.
Blackburn foi tamén editor xeral do proxecto Sylloge of Coins of the British Isles entre os anos 1980 e 2011."Sylloge of Coins of the British Isles: Introduction". The Fitzwilliam Museum.
Presidiu a British Numismatic Society entre os anos 2004 e 2008."History: Presidents of the Society". No sitio web da BNS.
Blackburn faleceu de cancro de pel o 1 de setembro de 2011 en Cambridge, onde residía xunto coa súa muller, Fiona Anne Haigh, con quen casara en 1980 e coa que tiña tres fillos.
Recoñecementos Estes son os recoñecementos máis salientables acadados por Mark Blackburn ao longo da súa traxectoria:
1972: Premio Parkes Weber, da Royal Numismatic Society."The Parkes Weber Prize". The Royal Numismatic Society. 1983: Membro electo da Sociedade de Anticuarios de Londres. 1987: Premio Blunt, da British Numismatic Society."Prizes": No sitio web da BNS. 1987: Premio literario da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais."IAPN-Book Prize ". No sitio web de IAPN-AINP. 1989: Membro electo da Royal Historical Society. 1991: Premio Jeton de Vermeil, da Sociedade Francesa de Numismática."Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN). 2008: Medalla da Royal Numismatic Society."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. 2008: Medalla Sanford Saltus, da British Numismatic Society."Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society. 2011: Premio Derek Allen, da Academia Británica."Derek Allen Prize". The British Academy. 2011: Medalla Gunnar Holst, de Goteburgo, Suecia."Gunnar Holsts prismedalj 2011". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Sociedade Numismática Sueca. Decembro de 2011. Páxina 188.
Escolma de publicacións Estas son algunhas das monografías máis salientables de M. A. S. Blackburn:"Blackburn, M. A. S.". Worldcat.org
(1981): Viking-age coinage in the northern lands : the sixth Oxford Symposium on Coinage and Monetary History (con D. M. Metcalf). 2 vol. Oxford. British Archaeological Reports. ISBN 9780860541509 (1986): Medieval European Coinage: With a Catalogue of the Coins in the Fitzwilliam Museum, Cambridge. The early Middle Ages, 5th-10th centuries (con P. Grierson). Cambridge University Press. ISBN 9780521031776 (1998): Kings, currency, and alliances : history and coinage of southern England in the ninth century (con D. N. Dunville). Rechester. Boydell Press. ISBN 9780851155982 (2007): Royal Coin Cabinet, Stockholm, Part V: Anglo-Saxon Coins: Edward the Confessor and Harold II, 1042-1066 (con F. Colman). Oxford University Press. ISBN 9780197262337 (2011): Viking coinage and currency in the British Isles''. Londres. Spink. ISBN 9781907427053
Notas
Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados en Surrey Categoría:Finados en 2011 Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Historiadores do Reino Unido Categoría:Historiadores económicos Categoría:Persoas relacionadas co Museo Fitzwilliam Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Sanford Saltus Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Galardoados co premio Derek Allen Categoría:Galardoados coa medalla Gunnar Holst Categoría:Galardoados co premio Parkes Weber Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Profesores da Universidade de Cambridge Categoría:Personalidades sen imaxes