El Club é un filme chileno de 2015 dirixido, coproducido e coescrito por Pablo Larraín. Estreouse na competición principal da 65ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde gañou o Gran Premio do Xurado. Foi escollido como candidato de Chile para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. En decembro de 2015 converteuse no segundo filme chileno que foi candidato ao Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa.
Sinopse Baixo a atenta mirada dunha muller que se ocupa deles, catro sacerdotes viven nunha pequena casa da localidade de La Boca. Todos eles cometeron actos censurables e atópanse nese retirado fogar castigados polas autoridades eclesiásticas. A muller á unha monxa e a casa serve de agocho para sacerdotes pecadores.
Todos conseguen establecer unha rutina adestrando un galgo de carreiras ata que un día chega un quinto sacerdote, un pederaste que lles lembra as desgrazas das súas vidas pasadas.
Personaxes Alfredo Castro como Padre Vidal Roberto Farías como Sandokan Antonia Zegers como Madre Mónica Marcelo Alonso como Padre García Alejandro Goic como Padre Ortega Jaime Vadell como Padre Silva Alejandro Sieveking como Padre Ramírez José Soza como Padre Lazcano Francisco Reyes como Padre Alfonso Gonzalo Valenzuela como Gonzalo, surfeiro 1 Diego Muñoz como Diego, surfeiro 2 Catalina Pulido como Cata, rapaza surfeira Paola Lattus como vendedor de peixe Erto Pantoja como adestrador de cans 1 Felipe Ríos como adestrador de cans 2
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Chile propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 88ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Chile Categoría:Filmes dirixidos por Pablo Larraín Categoría:Filmes rodados en Chile Categoría:Filmes ambientados en Chile