O Rally do Lacón de 1991 foi a 25ª edición de dito rally e a terceira proba da tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 18 de maio de 1991 e o vencedor foi Germán Castrillón, sobre un Ford Sierra Cosworth.

Resumo Germán Castrillón dominou toda a proba e os únicos que se achegaron ao seu ritmo foron Manuel Senra e Peitos. Con todo, o primeiro non puido tomar a saída na sección vespertina por problemas mecánicos do seu Peugeot 205 GTI, mentres que o Citroën AX Sport do segundo rompeu na segunda pasada por Brués-A Almuzara. Tras Castrillón entraron na meta tres pilotos carballiñeses: José María Magdaleno, Javier Paz e José María Banga.

Pouco despois do inicio da proba, no segundo treito (Esposende - Val de Pereira) o Peugeot 205 de Sergio Vallejo saíuse da estrada levando por diante varios espectadores, que sufriron lesións de pouca gravidade. Con todo, o treito foi neutralizado e adxudicóuselles aos pilotos que aínda non pasaran por dito lugar o peor dos tempos dos que xa pasaran.

Clasificación PosPilotoAutomóbil1 Germán CastrillónFord Sierra Cosworth2 José María MagdalenoLancia Delta Integrale3 Javier PazCitroën AX Sport4 José María BangaCitroën AX SportAbandonos- Manuel SenraPeugeot 205 GTI- "Peitos"Citroën AX Sport- Antonio GarridoFord Sierra Cosworth

Notas

Categoría:Rally do Lacón Categoría:Tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally