Isabelle Stone, nada en Chicago en 1868 e finada en 1944, foi unha física estadounidense e unha das fundadoras da American Physical Society. Foi a primeira muller en obter un doutoramento en Física nos Estados Unidos.
Traxectoria Isabelle Stone era filla de Harriet e Leander Stone. Estudou a licenciatura no Wellesley College, titulándose en 1890, e a mestría en Ciencias na Universidade de Chicago, onde se graduou en 1896. Posteriormente realizou estudos de doutoramento na Universidade de Chicago, converténdose na primeira muller en obter un doutoramento en Física nos Estados Unidos en 1897.
Stone investigou sobre a resistencia eléctrica e outras propiedades das películas delgadas. A súa tese, On the Electrical Resistance of Thin Films, demostrou que as películas de metal moi delgadas mostraban unha resistencia máis alta que as pezas de metal máis voluminosas.
Stone foi profesora en varias universidades, entre elas a Bryn Mawr School e o Vassar College e foi unha das fundadoras da American Physical Society. Dos 836 asistentes ao Primeiro Congreso Internacional de Física en París, foi unha das dúas mulleres presentes, a outra foi Marie Curie.
A data exacta da súa morte é descoñecida.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Mulleres na física
Categoría:Nados en Chicago Categoría:Alumnos da Universidade de Chicago Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1868