miniatura|Visita do presidente estadounidense Dwight D. Eisenhower a España en 1959. O Plan de Estabilización de 1959, ou Plan Nacional de Estabilización Económica, foi un conxunto de medidas económicas aprobadas polo Goberno de España en 1959.
O obxectivo do plan foi a estabilización e liberalización da economía española. Supuxo a ruptura coa política de autarquía do franquismo.Josep Fontana, ed. (1986): España bajo el franquismo. Barcelona: Crítica. ISBN 84-7423-284-8, pp. 170-215.Tamames, Ramón (1973): "El gobierno de la Autarquía" en: Historia de España Alfaguara VII. La República. La era de Franco. Madrid: Ediciones Alfaguara, S. A.) (Alianza Editorial, S. A.) ISBN 84-2062-031-3, pp. 503-511.
A posta en marcha do plan provocou movementos migratorios masivos (migracións internas pero tamén cara ao estranxeiro), coa poboación e a actividade económica concentrándose nas zonas máis dinámicas, baleirando o resto do país.
O Plan de Estabilización de 1959 provocou unha forte recesión en 1959. O desemprego aumentou debido á diminución da produción causada polo aumento das importacións, o que reduciu a demanda de produtos nacionais. Esta diminución da produción tamén levou a un menor consumo e a conxelacións salariais. As reservas monetarias do Banco de España aumentaron, a inflación baixou do 12,6 % en 1958 ao 2,4 % en 1960, España atraeu investimento estranxeiro e a relaxación dos aranceis levou á importación de novas tecnoloxías.
Tras a recesión do Plan de Estabilización, houbo un auxe económico en España na década de 1960 e principios da de 1970, coñecida como o "milagre económico español".
Notas
Véxase tamén Bibliografía Castelló Traver, José Emilio: (2004): España siglo XX, 1939-1978. Madrid: Anaya. ISBN 978-84-2073-358-6. Fusi, Juan Pablo (1985): "El boom económico español". Cuadernos Historia 16. nº 34. Madrid: Información y Revistas, S. A. Ortega Aguaza, Bienvenido e Núñez Carrasco, J. Aníbal (2009): "El proceso de crecimiento de la economía española (I): Los cambios que introduce el Decreto-Ley de Ordenación Económica de 21 de julio de 1959". En Economía Española. Barcelona: Editorial Ariel. ISBN 978-84-3444-557-4, páxs. 57-82. Tamames, Ramón (1973): Historia de España Alfaguara VII. La República. La era de Franco. Madrid: Ediciones Alfaguara, S. A.) (Alianza Editorial, S. A.) ISBN 84-2062-031-3.
Outros artigos Milagre económico español Plans de Desenvolvemento Económico-Social de España
Ligazóns externas Stabilization Plan of 1959 na Encyclopædia Britannica.
Categoría:Economía de España Categoría:Historia de España Categoría:Franquismo Categoría:1959