O Rally de Ourense de 1992 foi a 25ª edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally, así como para o Campionato de España de Rallys. Celebrouse entre o 16 e o 18 de outubro e o vencedor foi o cántabro Chus Puras. Itinerario O rally constou de 634 quilómetros, dos cales 212 corresponderon aos 20 treitos cronometrados. A saída e a chegada, así como o parque pechado situáronse no parque de San Lázaro. Nas primeira dúas seccións fixéronse dúas pasadas polos treitos de Tríos-Esgos, Chandrexa, O Castro de Caldelas, Canón do Sil e Pradomao. Na segunda metade do rally os treitos a percorrer foron A Peroxa, Os Peares, Luíntra, Puga e Ramirás-Toén, tamén con dúas pasadas a cada un deles.
Inscritos Inscribíronse 60 pilotos, incluídos os primeiros clasificados no Campionato de España, do que o Rally de Ourense era unha das últimas probas. O canario Ricardo Avero, cuarto no campionato, foi o único dos primeiros clasificados que non se inscribiu. Tanto Chus Puras como Luis Monzón e José María Ponce chegaron á proba ourensá con opcións para se proclamaren campións de España. Respecto ao campionato galego participaron tamén os principais pilotos (Castrillón, Piñeiro, Paz, Magdaleno, Blach), destacando a ausencia de Manolo Senra, máis centrado nos rallys de terra.
Resumo Os Lancia Delta HF Integrale de Chus Puras e Luis Monzón foron os máis rápidos con moita diferenza, ata que este último tivo que abandonar no segundo paso polo Castro de Caldelas por un problema mecánico, polo que Puras chegou á meta de xeito despreocupado con máis de 5 minutos de vantaxe sobre o BMW M3 de Chema Ponce, que rematou segundo, e máis de 11 sobre o terceiro, Luis Climent. O líder do campionato galego, Germán Castrillón abandonou antes de comezar a sección nocturna, cando ía en quinta posición. Con todo, incluso co abandono rematou o rally como campión galego. Tamén abandonaron Daniel Alonso, Oriol Gómez e Javier Piñeiro. Sergio Vallejo e José María Banga aproveitaron estes abandonos para metérense entre os cinco primeiros.
Clasificación final PosPilotoCopilotoAutomóbilTempo1 Jesús Puras Álex RomaníLancia Delta HF Integrale2:20:432 José María Ponce José Carlos DénizBMW M32:26:323 Luis Climent José Antonio MuñozOpel Corsa GSI2:32:164 Sergio Vallejo Diego VallejoPeugeot 309 GTI 16V2:37:295 José María Banga Modesto GonzálezCitroën AX Sport2:46:206 Juanjo Pérez Rubén ComesañaPeugeot 309 GTI 16V2:50:007 Germán Linares Ignacio PardoRenault 5 GT Turbo2:55:368 Germán Gómez Juan BarrosCitroën AX Sport2:56:379 Jaime Azcona Julius BillmaierPeugeot 205 Rallye2:57:1510 Sergio García José Ramón AndrésPeugeot 205 Rallye2:58:18Abandonos- Luis Monzón Gaspar LeónLancia Delta HF Integrale-- Daniel Alonso Salvador BelzuncesFord Sierra Cosworth-- Germán Castrillón Estrella CastrillónFord Sierra Cosworth-- Oriol Gómez Marc MartíPeugeot 309 GTI 16V-- Kiko Cima Jacinto MartínezRenault Clio 16v-- Javier Piñeiro Carlos CascallarLancia Delta Integrale-- Iñigo Lilly Mario SaguilloOpel Corsa GSI-
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Clasificación final do rally en ewrc-results.com . Reportaxe en vídeo sobre o rally en Canal 33 .
Categoría:Rally de Ourense Categoría:Tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally