Ongewenste Vreemdeling é un filme surafricano en afrikaans de 1974 dirixido por Jans Rautenbach e producido por Emil Nofal, baseado nunha obra radiofónicaArrie S. De Beer (1993) Mass Media for the Nineties: The South African Handbook of Mass Communication. J.L. van Schaik, p. 165 de CF Beyers-Boshoff é un drama romántico que se rodou en Knysna e Wilderness na provincia do Cabo Occidental.
Características A colaboración entre Rautenbach e Nofal marcou unha época e foi o máis próximo a un movemento cinematográfico no cinema surafricanoAnnette Kuhn, Susannah Radstone (1994) The Women's Companion to International Film. University of California Press, p. 334. Non obstante, o filme principiou un camiño que levou a un menor idealismo e unha retirada do debate público por parte do directorKeyan Tomaselli (2013) The Cinema of Apartheid: Race and Class in South African Film Routledge, p. 91.
Argumento Gerhard Steenberg é un asasino en liberdade condicional que viaxa ata o Duiwelsvallei( val do diaño), un lugar onde ata o diaño ha camiñar e inmíscise nas peculiares vidas dos seus habitantes. Inicialmente todo vai ben, mais logo chega a morte, os celos, a vinganza de sangue e a traizón. Gerhard queda enredado nun triángulo amoroso e nin sequera o suicidio da súa moza expulsa ao descoñecido fóra do val. Só o sangue, o propio, o da súa exmuller e do seu mellor amigo Bergsma, arredarano do lugar.
Personaxes
Marie Tjaden Tromp como Matilda Marié du Toit como Eleen Sandra Kotzé como Lida Barry Trengove como Bergsma Dulcie van den Bergh como tía Ralie Marius Weyers como Gerhard Steenberg Sann de Lange
Notas
Categoría:Filmes de 1974 Categoría:Filmes en lingua afrikaans Categoría:Filmes de Suráfrica