José Pierres Castellanos, nado en Arcade (Soutomaior) o 7 de abril de 1911,Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales, altas de 1934 foi un mestre galego.
Traxectoria Foi mestre suplente da escola graduada de nenos de Redondela. Aprobou o curso de Maxisterio en 1933 e foi mestre interino en Soutomaior, despois foi destinado a Priegue dende 1934.El Noticiero Gallego, 11-11-1934, p. 2. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo a finais de agosto,El Pueblo Gallego, 1-9-1936, p. 10. Foi mobilizado polo exército sublevado. Sufriu expediente de depuración acusado de "militancia en organizacións afectas á República, actitudes contrarias á Causa Nacional, ideoloxía/simpatía de esquerdas e irrelixiosidade", e foi condenado a traslado forzoso dentro da provincia e inhabilitación para cargos directivos e de confianza.El Noticiero Gallego, 11-5-1940, p. 2. Foi mestre en Cabeiras (Arbo) dende 1940,El Correo Gallego, 6-11-1940, p. 7. e despois de Seixo (Marín).
Vida persoal
Foi pai de José Manuel Pierres Martínez e avó de Luisa Pierres López
Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Soutomaior Categoría:Nados en 1911 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes