Susan Jane Helms, nada en Charlotte, Carolina do Norte, o 26 de febreiro de 1958, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte das misións STS-64, STS-102, STS-105, STS-101, STS-54 e STS-78 e ademais foi membro da Expedición 2 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Helms graduouse en enxeñería aeronáutica pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1980 e é máster en aeronáutica e astronáutica pola Universidade de Stanford en 1985.

Foi seleccionada pola NASA en xaneiro de 1990. Participou nas misións STS-64, STS-102, STS-105, STS-101, STS-54 e STS-78 e na Expedición 2 á ISS. Pasou un total de 210,96 días no espazo, incluído un paseo espacial de 8 horas e 56 minutos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Mulleres no espazo STS-64 STS-102 STS-105 STS-101 STS-54 STS-78 Expedición 2

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Charlotte, Carolina do Norte