Juan de Fuca, nado en 1536 como Ioannis Phokas (en grego Ἰωάννης Φωκᾶς) en Valerianos (Βαλεριάνος), en Cefalonia, unha das illas xónicas baixo o dominio da República de Venecia, e finado en 1602 en Cefalonia, a miúdo chamado Apóstolos Valerianos, foi un capitán grego ao servizo do Reino de España.Greek Consulate of Vancouver, "Greek Pioneers: Juan de Fuca".
Traxectoria miniatura|260px|Mapa de 1768 que mostra o estreito de Juan de Fuca, entre a Nova Albión e unha illa entre as actuais Columbia Británica e Alasca, como entrada do paso do Noroeste.
O avó de Focas, Emmanouíl Phokás (Ἐμμανουὴλ Φωκᾶς), fuxiu de Constantinopla á súa caída en 1453, acompañado do seu irmán Andrónikos (Ἀνδρόνικος). Os dous establecéronse primeiro no Peloponeso, onde permaneceu Andrónikos, pero en 1470 Emmanuel trasladouse á illa de Cefalonia. Iákōvos (Ἰάκωβος), o pai de Ioánnis, estableceuse na vila de Valerianos nesta illa, e chegou a ser coñecido como "Focas o Valeriano" (Φωκᾶς ὁ Βαλεριάνος) para distinguilo dos seus irmáns.
Foi nesta aldea de Valerianos onde Focas naceu en 1536. Pouco se sabe sobre a súa vida antes de entrar no servizo de España, nun tempo ao redor de 1555.Focas, en 1596, asegurou que estivera uns corenta anos ao servizo do rei de España.
As primeiras viaxes de de Fuca, ás ordes de Filipe II, foron ao Extremo Oriente, e el dixo que chegou á Nova España en 1587 cando, no cabo San Lucas, na Baixa California, o corsario inglés Thomas Cavendish apoderouse do galeón Santa Ana e o depositou en terra. Fuca foi un navegante moi experimentado, perfeccionando a súa habilidade como piloto na frota española. Tamén afirmou que o rei de España recoñeceuno pola súa excelencia e fíxoo piloto da mariña española nas Antillas (título que ostentou durante corenta anos), pero non hai rexistro nos arquivos españois do seu nome ou cargo ou das súas visitas á corte real. Antes de facer a súa famosa viaxe pola costa noroeste do continente norteamericano, navegou polas costas da China, Filipinas e México.
Fuca explorou as costas ao norte da Nova España e buscou o paso do Noroeste entre o océano Pacífico e o océano Atlántico. En 1592 na súa viaxe de exploración descubriu o estreito de Anián e o estreito de Juan de Fuca (que desde 1788 leva o seu nome).
A placa de Juan de Fuca, que tamén leva seu nome, é unha placa tectónica que se afunde baixo a parte norte do oeste da placa de Norteamérica, ao longo das costas dos estados estadounidenses de Oregón e Washington.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Estreito de Anián Estreito de Juan de Fuca California Illa de Vancouver
Ligazóns externas Biography at the Dictionary of Canadian Biography Online . Apóstolos Valerianos en famousamericans.net . Fuca, Juan (de) en ABC book word . Juan de Fuca en Consulado de Grecia .
Categoría:Exploradores Categoría:Imperio Español Categoría:Nados en 1536 Categoría:Finados en 1602 Categoría:Navegantes