Frederick Drew Gregory, nado en Washington, D.C. o 7 de xaneiro de 1941, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-51-B, STS-33 e STS-44.
Traxectoria Gregory graduouse en ciencias pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1964 e é máster en sistemas de información pola Universidade George Washington en 1977.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xaneiro de 1978. Participou nas misións STS-51-B, STS-33 e STS-44, pasando un total de 18,96 días no espazo. Retirouse da NASA en outubro de 2005.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-51-B STS-33 STS-44
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Washington, D.C.