Robert Lee "Hoot" Gibson, nado en Cooperstown (Nova York) o 30 de outubro de 1946, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-41-B, STS-61-C, STS-27, STS-47 e STS-71.

Traxectoria Gibson graduouse en enxeñería polo Colexio Comunitario do Condado de Suffolk en 1966 e en enxeñería aeronáutica pola Universidade Politécnica do Estado de California en 1969.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xaneiro de 1978. Participou nas misións STS-41-B, STS-61-C, STS-27, STS-47 e STS-71, pasando un total de 36,18 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-41-B STS-61-C STS-27 STS-47 STS-71

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Nova York