Nicolae Caranfil (AFI: [ˈna.e karanˈfil]) nado en Bucarest o 7 de setembro de 1960, máis coñecido como Nae Caranfil, é un director de cine e guionista romanés.

Traxectoria Nae Caranfil é o fillo do crítico e historiador de cine romanés Tudor Caranfil. Graduouse en 1984 na Universidade Nacional de Teatro e Cine Ion Luca Caragiale (UNATC) en Bucarest, onde tamén traballou como profesor.

Algúns consideran a Nae Caranfil como o mellor director de cine romanés da década de 1990. Con todo, ao comezo da súa carreira unicamente dirixía curtametraxes, como por exemplo Frumos e în septembrie a Veneția (1983), Treizeci de ani de insomnie (1984) e Backstage (1988). A súa primeira longametraxe foi È pericoloso sporgersi (1993), ao que seguiron películas de comedia de estrada como Asfalt tango (1996), protagonizada por Charlotte Rampling, e Dolce far niente (1998). A súa película Filantropica (2002) foi un éxito entre a crítica e foi a que fixo aumentar a súa popularidade. Caranfil escribiu o guión de todas as súas películas e traballou na banda sonora das dúas primeiras (È pericoloso sporgersi e Asfalt tango).

En 2011, Caranfil comezou a produción da longametraxe de lingua inglesa Closer to the Moon. Unha versión temperán do guión titulada Alice în Ţara Tovarăşilor (Alicia na Terra dos Camaradas) gañou unha subvención de 576.600€ do Centro Nacional de Cine en 2007. A historia está baseada no roubo en 1959 a un banco na Romanía comunista no que un grupo coñecido como «os Ioanid» foi condenado e sentenciado coa pena capital. Mentres esperaban a súa execución, os prisioneiros foron forzados a gravar unha recreación do seu delito. Closer to the Moon está protagonizada por Mark Strong, Vera Farmiga, Harry Lloyd, Joe Armstrong, Christian McKay, Tim Plester, Anton Lesser e Allan Corduner. A rodaxe tivo lugar en Bucarest no outono de 2011.Sauciuc, Gloria. "Closer to the Moon, by Nae Caranfil, is filming from September 5", Cinemagia (Romanés), 2 de setembro de 2011. Consultado o 16 de outubro de 2011.Ciuverca, Florentina. "Nae Caranfil: '70% of this film actually happened, the remaining 75% are fairy tales'", Film Reporter (Romanian), 4 de outubro de 2011. Consultado o 16 de outubro de 2011. Closer to the Moon estreouse no festival de cine «Making Waves: New Romanian Cinema» no Lincoln Center de Nova York o 29 de novembro de 2013. Variety describiu a película como "unha comedia negra sorprendentemente entretida."Scheib, Ronnie. "Film Review: Closer to the Moon", Variety, 6 de decembro de 2013. Consultado o 11 de decembro de 2013.

Filmografía como director Frumos e în septembrie a Veneția (1983) È pericoloso sporgersi (1993) Asfalt Tango (1996) Dolce far niente (1998) Filantropica (2002) Restul e tacere (2007) Closer to the Moon (2013) 6,9 pe scara Richter (2016)

Premios 2009: Premio Gopo para Restul e tacere 2003: Würzburg Internacional Filmweekend - Premio do público para Filantropica 2002: Festival Internacional de Mons de Películas de Amor - Premio do Xurado europeo Xove para Filantropica 2002: Festival de Cine de París - Premio do Público para Filantropica 2002: Wiesbaden goEast - Premio Especial do Xurado para Filantropica 1998: Festival Internacional de Namur da Película de Fala Francesa - Premio Bayard Dourado ao Mellor Guión para Dolce far niente 1993: Festival de Cine Mediterráneo de Montpellier - Premio da Crítica para È pericoloso sporgersi

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina do Centro de Cinematografía Nacional Romanés para Nae Caranfil

Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Bucarest Categoría:Directores de cinema de Romanía