A dos cocoideos (Coccoidea), coñecidos vulgarmente como cochinillas, ou tamén como insectos con escamas, é unha superfamilia de pequenos insectos da orde dos hemípteros e da suborde dos esternorrincos.
Comprende preto de 8 000 especies, a maioría son parasitos de plantas que se alimentan de seiva, que chupan directamente do sistema vascular do hospedeiro. Porén, algunhas especies aliméntanse de tecido fúnxico.
Taxonomía Descrición A superfamilia foi descrita en 1903 polo entomólogo austríaco Anton Handlirsch.Coccoidea Handlirsch, 1903 no ITIS.
Etimoloxía O nome científico Coccoidea está formado sobre a base da raíz do seu xénero tipo, Coccus, e o sufixo do latín científico -oidea, propio das superfamilias de animais.
Familias Segundo o ITIS, a superfamilia comprende as familias seguintes:
Aclerdidae Asterolecaniidae Coccidae Conchaspididae Dactylopiidae Diaspididae Eriococcidae Kermesidae Kermidae Lacciferidae Margarodidae Ortheziidae Pseudococcidae
Características
Varían moito na súa aparencia, desde organismos moi pequehos (1-2 mm) de cubertas cerosas, até outros brillantes duns 5 mm e criaturas cubertas con cera melosa. As femas adultas son na súa maioría inmóbiles (como as da familia dos pseudocócidos) e están fixadas permanentemente ás plantas que parasitan. Segregan unha cuberta de cera para a súa defensa.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Ben-Dov, Y. (2011): "An updated checklist of the scale insects (Hemiptera: Coccoidea) of the Margarodidae sensu lato group. Zootaxa 2859: 1-62. Gullan, P. J. & Cook, L. G. (2007): "Phylogeny and higher classification of the scale insects (Hemiptera: Sternorrhyncha: Coccoidea)", pp. 413–425 en Zhang, Z.-Q. & Shear, W. A., eds. "Linnaeus tercentenary: progress in invertebrate taxonomy". Zootaxa 1668: 1–766. Hodgson, C. & Foldi, I. (2006): "A review of the Margarodidae sensu Morrison (Hemiptera: Coccoidea) and some related taxa based on the morphology of adult males". Zootaxa 1263: 1-250. Koteja, J. & Azar, D. (2008): "Scale insects from Lower Cretaceous amber of Lebanon (Hemiptera: Sternorrhyncha: Coccinea). Alavesia 2: 133-167. Williams, D. J. (2007): "Carl Linnaeus and his scale insects (Hemiptera: Coccoidea)", pp. 427–490 en: Zhang, Z.-Q. & Shear, W. A., eds. Abstract & excerpt "Linnaeus tercentenary: progress in invertebrate taxonomy". Zootaxa, 1668: 1–766. Williams, D. J. (2011): Preview "Some words used in scale insect names (Hemiptera: Sternorrhyncha: Coccoidea)". Zootaxa 3087: 66–68.
Ligazóns externas ScaleNet homepage Cochinilla do algodón: a peste que disparou un control de pragas revolucionario . (Con fotos). Diaspididae do Mundo .
Categoría:Sternorrhyncha Categoría:Fitopatoloxía Categoría:Parasitos