GeneSat 1 foi un satélite artificial da NASA lanzado o 16 de decembro de 2006 mediante un foguete Minotaur 1 desde a Wallops Flight Facility.
Características A misión de GeneSat 1 foi estudar os efectos da microgravedade en varios cultivos biolóxicos. O satélite era un CubeSat de 3 unidades froito da cooperación entre a NASA e varias universidades. GeneSat 1 era un pequeno laboratorio en miniatura, autocontido, con cultivos de Escherichia coli no seu interior, cunha duración de misión de 21 días. Para o experimento non era necesario recuperar os cultivos. A potencia consumida polo satélite, producida polas células solares do seu exterior, era de entre 4 e 5 W. O satélite reentrou na atmosfera, tal como estaba previsto, o 4 de agosto de 2010, quedando destruído.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Minotaur 1
Categoría:Satélites artificiais