Francisco Vázquez Ramudo, nado en Ferrol en 1917 e finado en Viveiro o 6 de xaneiro de 2005, foi un profesor e político galego. Traxectoria

Licenciado en Ciencias Químicas. Foi director da academia Minerva de Viveiro. Foi nomeado membro da Comisión Xestora de Viveiro e terceiro tenente alcalde en 1944.El Progreso ,7-3-1943, p. 2. Delegado local de Información e Turismo nos anos cincuenta,El Progreso, 30-11-1955, p. 5. foi nomeado alcalde de Viveiro en outubro de 1957.El Progreso, 23-11-1957, p. 5. Foi nomeado deputado provincial en 1958.El Progreso, 1-4-1958, p. 4. Cesou como alcalde en abril de 1963.El Pueblo Gallego, 30-4-1963, p. 4. Foi profesor de Física e Química no IES María Sarmiento de Viveiro, e na Escola de Mestría Industrial da Coruña,La Voz de Galicia, A Mariña, 7-1-2005, p. 3.

Vida persoal

Casou con Luz Pozo Garza o 1 de maio de 1944,El Progreso, 4-5-1944, p. 2. e foi pai de Gonzalo, Mónica e Luz Vázquez Pozo. Divorciáronse a comezos dos anos 80.

Notas

Categoría:Alcaldes de Viveiro Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores de educación secundaria