The Dears é unha banda canadense de indie rock procedente de Montreal, Quebec. O grupo está liderado polo matrimonio formado polo cantante e guitarrista Murray Lightburn e a teclista Natalia Yanchak. Ata a data a banda leva publicados sete álbums de estudio.
Historia A banda formouse no ano 1995 e publicou o seu primeiro álbum de estudio, End of a Hollywood Bedtime Story, en 2000.Carpenter, Lorraine (2011). The Dears: Lost in The Plot. Montreal, QC: Invisible Publishing. ISBN 192674313X O seu son pop escuro e orquestral e os seus dramáticos concertos situaron a The Dears como parte do emerxente renacemento do indie canadense da época.
En 2001 e 2002 a banda publicou os EPs Orchestral Pop Noir Romantique e Protest, ademais dunha colección de cancións inéditas, Nor the Dahlias. En 2003 editaron o seu segundo álbum de estudio, No Cities Left, e unha serie de concertos no festival SXSW '04 lanzou a súa carreira internacional.
The Dears xirou extensamente polo Canadá, os Estados Unidos, Europa, Xapón e Australia promovendo o lanzamento internacional de No Cities Left e regresou ao estudio de gravación en 2005. Gang of Losers foi publicado en 2006 e foi ben recibido pola prensa.
The Dears tiveron actuación de alto perfil como abreconcertos para Sloan, The Tragically Hip, Keane, The Secret Machines e Morrissey, con que se adoita a comparara a Lightburn. A súa música foi descrita como un cruzamento entre The Smiths e Serge Gainsbourg coa voz de Lightburn sendo relacionada coa de Morrissey e a de Damon Albarn. A complexidade da súa música e arranxos tamén foi comparada con Radiohead, Jethro Tull e Genesis. Os potentes concertos de The Dears foron descritas como "...o equivalente sonoro de ver a cara de Deus".
O 10 de xullo de 2007 o álbum Gang of Losers foi nomeado á lista curta do Polaris Music Prize. O seu seguinte álbum, Missiles, foi editado o 20 de outubro de 2008 no Reino Unido e no día seguinte en Norteamérica.
O 15 de febreiro de 2011 The Dears publicaron o seu quinto álbum de estudio, Degeneration Street. O álbum foi nomeado á lista longa do Polaris Music Prize dese ano.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloEnd of a Hollywood Bedtime Story2000Grenadine RecordsNo Cities Left2003MapleMusic RecordingsGang of Losers2006MapleMusic Recordings, Arts & Crafts, Bella UnionMissiles2008Dangerbird Records, MapleMusic RecordingsDegeneration Street2011Dangerbird Records, Pheromone RecordingsTimes Infinity Volume One2015Dangerbird RecordsTimes Infinity Volume Two2017Paper Bag Records, Dangerbird RecordsLovers Rock2020Dangerbird Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Montreal Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais formados en 1995