Para outras moedas coa denominación de "coroa", véxase a páxina de homónimos Coroa (moeda).
A coroa iugoslava foi unha moeda provisional de curta existencia que se utilizou nos anos posteriores á I Guerra Mundial nalgunhas zonas do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos que anteriormente formaran parte do Imperio Austrohúngaro."Currencies from a Central European’s Perspective (1917-2017)
". RS Bullion: "In these lands, the Austro-Hungarian Krone notes were overstamped and became the Serb, Croat and Slovene Krone. It circulated, together with the Montenegrin Perper, alongside the Serbian Dinar. By 1922 it was replaced by the Dinar at a rate of 1 Dinar for 4 Krone".
Historia Tras a I Guerra Mundial, o Imperio Austrohúngaro, onde circulaba a coroa austrohúngara, desagregouse en diversos estados e a súa parte suroriental pasou a constituír o Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios, que logo se fusionou co Reino de Serbia para formar o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos, que máis tarde pasou a chamarse Reino de Iugoslavia.
Nese territorio instaurouse a coroa iugoslava o 12 de novembro de 1918 cunha taxa de cambio á par coa coroa austrohúngara, e circulou no novo reino en paralelo ao dinar serbio, cunha relación de valor de catro coroas iugoslavas por cada dinar serbio."Bosnia-Herzegovina (BAM)". En Berlin, H. M. (2006). World Monetary Units. McFarland & Co. Páxina 26. ISBN 978-0-7864-4042-9 Esta situación foi transitoria, en tanto que non se adoptase o posterior dinar iugoslavo (1920). A data exacta de cesamento da circulación da coroa iugoslava non se coñece con exactitude e algunhas fontes indican que aínda se mantiña en circulación a finais de 1922."Serbia (Yugoslavia) Dinar". Global Financial Data.
Billetes A primeira emisión provisional da coroa iugoslava produciuse en 1919. A emisión era moi similar á da coroa checoslovaca dese mesmo ano, consistente nunha sobreimpresión cun tampón oval negro de billetes da coroa austrohúngara de 1912 con valores de 10, 20, 50, 100 e 1.000 coroas."Yugoslavia banknotes". World Paper Money Catalog and History (ATSnotes.com)
A segunda emisión provisional, tamén en 1919, baseouse nos mesmos valores da coroa austrohúngara emitidos en 1912 mais, en lugar dunha sobreimpresión oval, pegáronse nos billetes austrohúngaros uns adhesivos para a súa validación como coroas iugoslavas. Estes selos adhesivos eran bilingües (serbocroata e esloveno) nos billetes de 10, 20 e 50 coroas, en tanto que os dos billetes de 100 e de 1.000 coroas eran monolingües en tres versións (serbio, croata e esloveno), alternando, segundo os casos, os caracteres latinos e os cirílicos.
O Ministerio de Facenda do Reino dos Serbos, Croatas e Eslovenos introduciu no mesmo 1919 unha serie de billetes propios (xa non sobre os da coroa austrohúngara), co seu valor expresado en dinares e ao mesmo tempo sobreestampados coa súa equivalencia en coroas iugoslavas, a razón de 1 dinar = 4 coroas.Rafailović, J. (2020). "An Economic Survey of the Kingdom of Yugoslavia". En Murašov, J. et. al. Cultures of Economy in South-Eastern Europe. Culture & Theory. Páxina 47. ISBN 978-3-8376-5026-6 Os valores emitidos foron os de 2, 4, 20, 40, 80, 400 e 4.000 coroas iugoslavas, con eses valores sobreimpresos sobre, respectivamente, billetes de ½, 1, 5, 10, 20, 100 e 1.000 dinares.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Coroa (moeda)
Bibliografía Cuhaj, G. S. (2010). Standard Catalog of World Paper Money General Issues (1368-1960) (13 ed.). Krause Publications. ISBN 978-1-4402-1293-2 Pick, A. (1994). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues. (7th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9 Pick, A. (1996). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues to 1960. (8th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-469-1
Categoría:Coroa (moeda) Categoría:Moedas de Iugoslavia Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Billetes Categoría:Reino de Iugoslavia