Bankier van het verzet é un filme neerlandés de 2018 dirixido por Joram Lürsen. É un drama ambientado na segunda guerra mundial baseado na vida do banqueiro Walraven van Hall, que financiou a resistencia neerlandesa durante a guerra. O filme foi a produción neerlandesa máis vista do ano 2018 e foi nomeado a once Becerros de Ouro, sendo a primeira vez que un filme recibe tantos nomeamentos ós premios. Gañou catro Becerros de Ouro, entre eles o de mellor filme e mellor actor. O filme foi escollido como candidato dos Países Baixos para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 91ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Barry Atsma como Walraven van Hall Jacob Derwig como Gijs van Hall Pierre Bokma como Meinoud Rost van Tonningen Fockeline Ouwerkerk como Tilly van Hall Raymond Thiry como Van den Berg

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes dos Países Baixos propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 91ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua neerlandesa Categoría:Filmes dos Países Baixos