Kneecap (en inglés "rótula") é un trío de hip hop orixinario de Belfast que fai música en lingua irlandesa. Os seus integrantes son Móglaí Bap e Mo Chara, cos que tamén toca o DJ Provaí. As súas letras conteñen temas sobre o republicanismo irlandés. O seu primeiro sinxelo "C.E.A.R.T.A." (termo irlandés para "dereitos") lanzouse en 2017, seguido do seu primeiro álbum 3CAG, en 2018. O seu segundo álbum, Fine Art lanzouse en 2024 e un filme biográfico do grupo estreouse ese mesmo ano.

Traxectoria En 2017 lanzaron o seu primeiro sinxelo, "C.E.A.R.T.A". Acadaron sona cando a Raidió Teilifís Éireann (a canle pública irlandesa) censurou a canción. As súas letras falan sobre a precariedade laboral, as drogas, o sexo, a festa, pero tamén sobre a presenza militar británica en Irlanda do Norte ou a discriminación lingüística dos falantes de irlandés. A súa controversia provén do feito de que as súas cancións abordan de xeito explícito esta temática e con elas promoven o consumo de drogas, os actos antisociais e o insulto ás autoridades.

Filme O filme biográfico de 2024 Kneecap, na que os membros reais da banda se interpretan a si mesmos xunto a actores profesionais como Michael Fassbender, Josie Walker e Simone Kirby, está ambientado no Gaeltacht Quarter de Belfast Oeste en 2019. O filme estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 18 de xaneiro de 2024, sendo o primeiro filme en lingua irlandesa en facelo.

Discografía 3cag (2018) Fine Art (2024)

Sinxelos C.E.A.R.T.A (2017) Amach Anocht (2018) H.O.O.D (2018) Gael-Gigolos (2019) Fenian Cunts (2019) Get Your Brits Out (2019) MAM (2020) Thart agus Thart (2021) Guilty Conscience (2022) IT'S BEEN AGES (2023) Better Way to Live (2023)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Conta de Twitter oficial do grupo

Categoría:Grupos musicais de Irlanda do Norte Categoría:Grupos musicais formados en 2017 Categoría:Grupos musicais de hip hop