Aldara é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita tamén é común co portugués. Procede do xermánico 'alds ("tempo") ou hildi ("loita") e waran'' ("gardar", "protexer"). En galego tamén ten as variantes Ilduara e Eldara'''.
En xaneiro de 2023 existían 1.113 mulleres en Galicia co nome Aldara, cunha media de idade de 15,7 anos.Nome Aldara na Web do Instituto Galego de Estatística Non hai persoas rexistradas coas variantes Ilduara ou Eldara.
Aldara noutras linguas Asturiano: Áldara Castelán: Ilduara Catalán: Ilduara Éuscaro: Elduara Portugués: Ilduara / Aldara
Personaxes Santa Aldara de Celanova, santa galega, nai de San Rosendo de Celanova
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega
Categoría:Nomes femininos de orixe xermánica Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos portugueses